Subvencións para o fomento do emprego de entidades sen ánimo de lucro 2020
Estas axudas están dirixidas a fomentar o emprego en colaboración coas entidades sen ánimo de lucro, co fin de reforzar a súa capacidade de autoorganización e posibilitar o fortalecemento do tecido social e a promoción da calidade de vida e benestar social da cidadanía. Con esta medida preténdese reducir, nestes anos de crise, a porcentaxe de desempregados/as na cidade mediante a contratación do maior número de postos de traballo a través da colaboración coas organizacións con presencia na cidade de Vigo, de tal xeito que se mellore a prestación de servizos de información, formación e asesoramento ás persoas en situación de desemprego cara a busca de emprego, o autoemprego e o fomento do emprendemento.
A quen está dirixido
Esta convocatoria de subvenciones, realizada pola Concellaría de Cultura, Emprego e Participación Cidadá do Concello de Vigo, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas as entidades sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, social, sindical, deportivo, empresarial e das comunidades de montes, constituídas legalmente como tales entidades sen ánimo de lucro, para actividades de fomento del emprego entre los veciños y veciñas de Vigo, realizadas o pendentes de levar a cabo, no ano da convocatoria, ata o 30 de setembro de 2020.
Como facelo
Por Internet
Clique no botón "Tramitar por Internet" e siga os pasos que se lle indican.
Anexo 4: Consulta e verificación de datos polo Concello de Vigodeberá achegarse asinado electrónicamente só nos casos nos que a solicitante se opoña expresamente á consulta dos seus datos de identidade e de se está ao corrente coas súas obrigas tributarias coa AEAT, coa Axencia Tributaria de Galicia, co Concello de Vigo e frónte á Seguridade Social. No caso de que o solicitante se opoña expresamente, terá que achegar o documento de indentidade correspondente e/ou as Certificacións de estar ao corrente coas obrigas tributarias e frónte a Seguridade Social, vixentes de conformidade co art. 23.3 RLXS, de xeito que, de ter presentados os certificados requiridos no Concello de Vigo cunha antigüidade inferior a seis meses, non será esixible a súa presentación, sempre que se indique o número de expediente no que obran.
Anexo 6: Oferta de empregoasinado electrónicamente, con expresión da Asociación que realiza a oferta, os posto/s ofertado/s e perfil/ís solicitado/s cos requisitos esixidos na convocatoria, data de presentación de currículums e data de publicación.
Comprobe a validez dos documentos emitidos polo Concello de Vigo.
Servizos da Sede Electrónica
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).