Programa de ocio e tempo libre para persoas con diversidade funcional entre 3 e 64 anos.
Os sábados 12 e 19 de decembro, realizaremos actividades dentro do programa Vigo Inclusivo.
O horario será de 10:00 a 14:00 h, no Pazo da Raposeira (Cmño Raposeira, 3, Sárdoma).
Realizaranse as seguintes actividades.
● Taller de panxoliñas: Cantaremos e tocaremos diferentes cancións do Nadal de repertorio popular seleccionadas segundo as idades d@s participantes. Utilizaranse instrumentos de pequena percusión tratando de conformar pequenas orquestras.
● Taller de adornos do Nadal: Crearase con diferentes materiais plásticos unha figura característica desa época (bóla para a árbore , cartón de felicitación das festas, guirnaldas, centros de mesa...) , que logo se poderán levar á súa casa.
● Taller de cociña fría: Elaboración de receitas sinxelas sen forno nin ferramentas cortantes perigosas. (trufas de chocolate, pionono...) Adaptaremos as receitas a posibles alerxias e intolerancias d@s participantes.
Contaremos con 18 prazas cada sábado. En caso de ter máis solicitudes ca prazas, a concesión realizarse según data de presentación da solicitude.
Poderán ser beneficiarias persoas con diversidade funcional, a partir de tres anos, e empadroadas no Concello de Vigo.
Enviando a solicitude e documentación requirida ao Rexistro Xeral do Concello a través da carpeta cidadá.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
As persoas solicitantes presentarán as súas solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP).
O prazo para presentar as solicitudes comenza o luns 16 de novembro e remata o luns 30 de novembro.
Horario: 9 a 13.30 horas de luns a venres
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).