Servizo de Orientación Laboral (SOL)

Mediante este servizo accédese, mediante cita previa , ao dispositivo municipal que facilita información, apoio e asesoramento nos procesos de busca de emprego das persoas desempregadas de Vigo.

A quen está dirixido

Persoas en situación de desemprego ou con emprego precario, inscritas nunha oficina do Servizo Público de Emprego de Vigo, que se atopen na procura de emprego.

Como facelo

Por Internet

Pódese pedir a cita previa a través dos seguintes correos electrónicos: ofi.emprego@vigo.org ou sol@vigo.org

Posteriormente un técnico poñerase en contacto telefónico co solicitante para requerirlle os datos necesarios para preparar o asesoramento.

Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Solicitando unha cita na Consellería de Desenvolvemento Local e Emprego na 4º planta da Casa do Concello.

Por teléfono

Solicitándo cita no teléfono: 986 810 232

Documentación requirida

    • DNI
      Para achegar o día da cita.
    • Vida Laboral
      Para achegar o día da cita.
    • Documentación Complementaria
      Curriculum Vitae (se o ten), acreditación das titulacións, cursos, certificación de minusvalía, documentación específica no caso de migrante ou emigrante retornado, de ser o caso.
    • Tarxeta da Oficina de Emprego
      Para achegar o día da cita.

Observacións

Como información previa, antes da cita de orientación, explícase os servizos dos que dispón Desenvolvemento Local e Emprego: Servizo de orientación laboral (SOL) e Servizo de asesoramento a emprendedores/as (SAE).

Dependendo da situación e necesidades de cada usuario/a a información continúa cos canles onde atopar fontes de emprego, ou ben de acordo coa persoa e co/coa técnico/a se lle da cita de orientación laboral para afondar na temática.

Preguntas Frecuentes:

- ¿Podo escoller o día e a hora da cita? Non, a cita a pon o Servizo de orientación laboral tentando adaptarse ás demandas da persoa solicitante na medida do posible, en horario de mañá.

- ¿Cal é o tempo medio de espera para a data da cita? Entre 4 o 5 días como media, exceptuando momentos puntuais de carga de traballo.

- ¿Existe bolsa de traballo? Non existe bolsa de traballo, existe un Servizo de orientación laboral a través do cal, co criterio técnico do orientador/a, unha persoa que pasa por entrevista de orientación pode ser susceptible de participar nalgún programa/proxecto promovido pola consellería e/ou entrar na sondaxe dalgunha oferta de emprego relacionada co seu perfil.

- ¿É neste servizo onde se debe anotar para traballar no Concello de Vigo? Non.

- ¿É neste servizo onde se ten que anotar para cursos? Non, pero sí recibirá información actualizada sobre a oferta de cursos ocupacionais na área de Vigo.

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información