O paso de vehículos a locais ou espazos de uso privado, pasando sobre espazos de uso público peatonal, requirirá a correspondente licenza municipal de vado. A licenza de vado conlevará a prohibición de aparcamento de calquera vehículo fronte á entrada do local e, por conseguinte, a autorización para señalizar tal circunstancia.
Poderán solicitar a licenza de vado os titulares do inmoble ou os seus arrendatarios.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Debe presentar a solicitude, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.- Nas solicitudes presentadas ata o 30 de xuño o período de liquidación é anual, as posteriores a esta data liquidaranse por período semestral.
- No caso de entradas para locais comerciais, ao concedérselle o vado, no caso de existir beirarrúa, requiriráselle para que presenten un aval pola cantidade establecida no artículo 7.2 da ordenanza fiscal número 30.
- No caso de denegarse as autorizacións, procederá a devolución dos importes ingresados, sempre que non se teña producido o feito impoñible.
Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).