Informe de Inserción Social dun Estranxeiro (Arraigo Social)

Informe emitido polo Concello, imprescindíbel por lei, como parte da documentación necesaria para regularizar a estancia en España das persoas estranxeiras.

Neste informe débese facer constar o tempo de permanencia da persoa estranxeira en España e concretamente en Vigo, os medios de vida cos que conta, o seu coñecemento das linguas que se utilicen na seu contorno (galego e español), o seu coñecemento e inserción nas redes sociais da seu contorno, os programas de inserción sociolaboral en que participe e calquera outro extremo que determine o seu grado de arraigo no municipio.

A persoa estranxeira deberá acreditar documentalmente todos os datos anteriores e en base a eles emitirase o Informe cunha Valoración favorable ou desfavorable sobre o seu grado de inserción.

A quen está dirixido

Estranxeiros que cumpran os seguintes requisitos:

- Residencia continuada en España de polo menos 3 anos demostrables.

- Oferta de emprego cunha duración mínima de 1 ano e con xornada laboral de 40 horas semanais ou acreditación de medios de vida.

- Carecer de antecedentes penais tanto en España como no país de orixe.

Como facelo

Por Internet

Pode solicitar a cita previa a través do correo electrónico ofi.inmigracion@vigo.org da Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante e Emigrante Retornado para manter unha entrevista co/a técnico/a correspondente.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Solicitude de cita na Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante e Emigrante Retornado para manter unha entrevista co/a técnico/a correspondente.

Por teléfono

Solicitude cita: 986 442 356 ; 986 442 096

Observacións

Preguntas Frecuentes:

Requisitos necesarios para regularizarse por arraigo

Documentos que se poden presentar para probar a inserción social

Condicións ou requisitos da oferta de emprego

Cómo e onde legalizar e no seu caso traducir o certificado de penais do seu país.

Oficinas

  • Oficina Municipal de Atención e Información a Inmigrantes e Emigrantes Retornados Rúa Martínez Garrido 21 interior
    36205 Vigo
    Teléfono: 986 442 356
    Fax: 986 442 096
    Email: ofi.inmigracion@vigo.org

    Horario: De 9 a 14 horas de luns a venres

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información