Solicitude de Informe de Vivenda para Reagrupación Familiar

Informe emitido pola Administración Local do lugar de residencia da persoa estranxeira que reside legalmente no pais e que quere traer aos seus familiares, cónxugue, descendentes menores de idade, e ascendentes.

No informe tense que facer referencia aos seguintes extremos: Título que habilite para a ocupación da vivenda, número de habitacións, uso ao que se destina cada unha das dependencias da vivenda, número de persoas que a habitan e condicións de habitabilidade e equipamiento.

A quen está dirixido

Pode reagrupar e polo tanto solicitar o informe de vivenda:

A persoa estranxeira non comunitaria que resida legalmente en España durante un ano e que teña autorización para residir polo menos por outro ano.

Que teña medios de subsistencia suficientes para atender as necesidades da súa familia unha vez reagrupada.

No caso de reagrupación de ascendentes requírese, que polo menos durante o último ano de residencia en España, transferíranse fondos de forma regular e en cantidade suficiente como para presumir unha
dependencia económica.

No caso de reagrupación de menores Autorización do outro proxenitor para que o menor resida en España.

Como facelo

Por Internet

Pode solicitar a cita a través do correo electrónico ofi.inmigracion@vigo.org da Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante e Emigrante Retornado para manter unha entrevista co/a técnico/a correspondente.




Presencialmente

Solicitude de cita na Oficina Municipal de Información ao Inmigrante e Emigrante Retornado para manter unha entrevista co/a técnico/a correspondente.


Por teléfono

Solicitude cita: 986 442 356 ; 986 442 096

Documentación requirida

    • Documento que acredite a ocupación da vivenda
      Título que habilite para a ocupación da vivienda (contrato de aluguer, escritura de compraventa, declaración xurada de cesión, etc)
    • Autorización de Residencia e Traballo
      con unha vixencia mínima dun ano.

Observacións

No prazo máximo de 15 días dende a solicitude, a Administración deberá emitir o informe e notificalo ao interesado e, simultáneamente e por medios telemáticos cando fose posible, á autoridade competente para resolver a autorización de reagrupación familiar.

Subsidiariamente, a persoa extranxeira reagrupante podrá xustificar o requisito de disponibilidade de vivenda suficiente, presentando acta notarial mixta de presenza e manifestacións, no caso de que a Corporación Local non proceda a emitir o informe de vivenda no prazo indicado, o que será acreditado coa copia da solicitude realizada.


Preguntas Frecuentes:

Requisitos xerais para a reagrupación familiar.

Requisitos da vivenda.

Cómo legalizar os documentos do país de orixe.

Familiares reagrupables.

Oficinas

  • Oficina Municipal de Atención e Información a Inmigrantes e Emigrantes Retornados Rúa Martínez Garrido 21 interior
    36205 Vigo
    Teléfono: 986 442 356
    Fax: 986 442 096
    Email: ofi.inmigracion@vigo.org

    Horario: De 9 a 14 horas de luns a venres

Lexislación relacionada

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información