Solicitude de Informe de Vivenda para Regularización de Menores

Informe emitido pola Administración Local do lugar de residencia do reagrupante no que se deberá facer referencia aos seguintes extremos: Título que habilite para a ocupación da vivenda, número de habitacións, uso ao que se destina cada unha das dependencias da vivenda, número de persoas que a habitan e condicións de habitabilidade e equipamento.

Este informe é un dos documentos que se deben de achegar á solicitude de autorización de residencia por reagrupación familiar.

A quen está dirixido

As persoas estranxeiras menores de idade ou incapacitadas non nacidas en España que ben sexan fillos/as de españois ou de estranxeiros/as residentes legais en España, ben estean suxeitas legalmente a tutela dun/ha cidadán/a ou institución españois ou dunha persoa estranxeira residente legal en España:

- Poden obter autorización de residencia cando se acredite a súa *permanencia continuada en España durante un mínimo de 2 anos.

- Os seus pais ou titores deben cumprir os requisitos de medios de vida e aloxamento esixidos para exercer o dereito á Reagruapción Familiar.

- Cando os menores se atopen en idade de escolarización obrigatoria, deberase acreditar adicionalmente que estiveron matriculados nun centro de ensino e asistido regularmente a clase.

Como facelo

Por Internet

Pode solicitar a cita previa a través do correo electrónico ofi.inmigracion@vigo.org da Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante e Emigrante Retornado para manter unha entrevista co/a técnico/a correspondente.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Mediante solicitude de cita na Oficina Municipal de Atención e Información ao Inmigrante e Emigrante Retornado para manter unha entrevista coa técnico/a correspondente.

Por teléfono

Mediante solicitude de cita nos teléfonos: 986 442 356 ; 986-442096

Documentación requirida

    • Documento que acredite a ocupación da vivenda
      Título que habilite para a ocupación da vivenda (contrato de aluguer, escritura de compravenda, declaración xurada de cesión, etc)
    • Autorización de Residencia e Traballo
      do proxenitor do menor, cunha vixencia mínima dun ano.
    • Xustificante de Escolarización do Menor
      no caso de atoparse en idade de escolarización obrigatoria.
    • Xustificante de Residencia en España
      continuada de ao menos 2 anos.

Observacións

No prazo máximo de 15 días dende a solicitude, a Administración Local deberá emitir o informe e notificalo ao interesado e, simultáneamente e por medios telemáticos cando fose posible, á autoridade competente para resolver a autorización de reagrupación familiar.

Subsidiariamente, a persoa solicitante poderá xustificar o requisito de disponibilidade de vivenda suficiente, presentando acta notarial mixta de presenza e manifestacións no caso de que a Corporación Local non proceda a emitir o informe de vivenda no prazo indicado, o que será acreditado coa copia da solicitude realizada.

Preguntas Frecuentes:

Requisitos xerais para a regularización de menores.

Requisitos da vivenda.

Como legalizar os documentos do país de orixe.

Oficinas

  • Oficina Municipal de Atención e Información a Inmigrantes e Emigrantes Retornados Rúa Martínez Garrido 21 interior
    36205 Vigo
    Teléfono: 986 442 356
    Fax: 986 442 096
    Email: ofi.inmigracion@vigo.org

    Horario: De 9 a 14 horas de luns a venres

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información