Emisión de Informe Social con valoración favorable para acollerse ao Programa de Retorno Voluntario de Inmigrantes desde España (PREVIE) da O.I.M. (Organización Internacional para as Migracións).
Estranxeiros empadroados en Vigo cunha estancia mínima e continuada de 6 meses cuxo proceso migratorio fracase e desexen retornar ao seu país, que non sexan nacionais intracomunitarios, de países candidatos á UE, de países en conflito, nin da cuenca mediterránea (Mauritania, Marruecos, Túnez, Argelia, Libia).
Pode solicitar a cita previa a través do correo electrónico ofi.inmigración@vigo.org.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
1. Solicitude de cita co/a traballador/a social da Oficina Municipal de Atención e Información a Inmigrantes e Emigrantes Retornados para manter unha entrevista.
2. Entrevista coa traballadora social na que quedará aclarada a situación socio-económica e o cumprimento dos requisitos marcados pola O.I.M. para o acceso ao Programa de Retorno Voluntario de Inmigrantes desde España.
3. Se se cumpren os requisitos cubrirase o cuestionario de solicitude de acceso ao PREVIE en modelo oficial da O.I.M. e solicitude de Informe Social ao Concello de Vigo.
Solicitude de cita nos teléfonos: 986 442 096 ; 986 442 356
Horario: De 9 a 14 horas de luns a venres
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).