Trátase de obter unha boca de nicho en concesión nos cemiterios municipais para a súa utilización inmediata.
Calquera persoa maior de idade.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Directamente na Oficina de Cemiterios.
Abonarase a taxa correspondente nese mesmo momento, de conformidade coa Ordenanza Municipal, na Recadación Municipal polo procedemento de autoliquidación a realizar en impreso regulamentario que facilitará o servizo de Cemiterios. Non obstante, ao se tratar de servizos que prestan en sábado, domingo ou festivo, o importe da autoliquidación ingresarase no servicio de Cemiterios.
O prazo de resolución é inmediato.
- A concesión de este tipo de propiedades municipales, depende da existencia de bocas valeiras no intre da solicitude.
- Este tipo de concesións de nichos e criptas de propiedade municipal será por 6 anos, sen que se admita outro período distinto. Estas concesións só poderán renovarse por un período de 4 anos e por unha soa vez.
- Transcorridos seis anos ou dez en caso de renovación dende o enterramento retiraranse as cinzas das criptas ou nichos ao osario xeral ou cinceiro no seu caso.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).