Solicitude para Retirar Ósos do Oseiro Cemiterio Municipal de Pereiró

Mediante esta solicitude poderá retirar ósos do oseiro do Cemiterio Municipal de Pereiró, aos efectos de estudos de medicina.

A quen está dirixido

Calquera persoa relacionada coa medicina para realizar estudos ou investigacións.

Como facelo

Por Internet

Poderá realizar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello, adxuntando a Autorización do Centro de Estudos ou documento acreditativo da sua relación coa medicina, a través da carpeta do cidadá.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Presentarase a solicitude no Rexistro Xeral do Concello xunto coa Autorización do Centro de Estudos ou documento acreditativo da sua relación coa medicina.

Nese momento, coa copia da solicitude, deberá dirixirse a Oficina de Cemiterios do Concello.

Documentación requirida

    • Solicitude para Retirar Ósos do Oseiro Cemiterio Municipal de Pereiró 2 copias
    • Áutorización do Centro de Estudos de Medicina
      ou acreditación da súa relación coa medicina, así como o motivo da solicitude.
    • Autorización da Xunta Territorial da Consellería de Sanidade
      para que lle faciliten osos de esqueleto humano do osario común dun cemiterio para estudios de medicina.

Observacións

Unha vez rematado o uso dos ósos serán devoltos ao oseiro Cemiterio Municipal de Pereiró.

Oficinas

  • Oficina de Cemiterios Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Sótano 2 (Entrada por rúa granada)
    Teléfono: 986 810 112
    Fax: 986 437 085
    Email: ofi.cemiterios@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información