Solicitude / Autoliquidación de Obtención do Carné de Taxi (Permiso Municipal de Conductor)

Proba para obter o permiso municipal de conducir necesario para poder conducir un taxi no municipio de Vigo.

A quen está dirixido

Como facelo

Por Internet


Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.



Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 e nos prazos especificados na convocatoria do exame.

Documentación requirida

    • Pago das Taxas por dereito de exames.
    • Unha fotografía actualizada en cor
      deberá entregarse sen ningunha marca de grampa
    • Fotocopia do DNI / NIF
    • Carné de Conducir (Fotocopia)
    • Certificado expedido polo Ministerio de Xustiza, que acredite a carencia de antecedentes penais. (modelo 790)
      (considérase caducado se pasaron máis de tres meses entre a súa data de expedición e a data do anuncio).
    • Certificado médico
      expedido nos termos expresados no artigo 25 da Ordenanza Municipal de Taxi (considérase caducado se pasaron máis de tres meses entre a súa data de expedición e a data do anuncio).

Oficinas

  • Rexistro Xeral Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

  • Servizo de Transportes Concello de Vigo Praza do Rei 1. 36202 Vigo. Teléfono: 986 810 353

    Horario: De 9 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Lexislación relacionada

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información