Subministración ou abastecemento de auga potable por contadores comunitarios (portería, auga quente).
O Pleno do Excelentísimo Concello de Vigo, reunido en sesión extrórdinaria o día 25 de outubro de 1990, adxudicou a Seragua FCC Vigo UTE a concesión para a explotación do Servizo Municipal de Augas de Vigo por un período de vinte e cinco anos. A finais de 2002, Seragua pasou a denominarse Aqualia.
1. As persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, Xeral Tributaria, que utilicen ou se beneficien do servizo.
2. Serán responsables solidarios ou subsidiarios as persoas físicas ou xurídicas, consideradas para estes efectos segundo o disposto na Lei 58/2003, Xeral Tributaria.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Pagando as taxas correspondentes de formalización de alta e achegando a documentación necesaria ás oficinas de Aqualia.
O pago realizarase se non está domiciliado, en efectivo nas oficinas de Aqualia e se está domiciliado transfírese á súa conta bancaria. Dereitos de alta: 16,76 €.
Deberá pagar una fianza que irá en función do calibre do contador e do uso ao que se destina. Normalmente, instálase un contador de 13 mm cun importe de 64,88 €.
Atención o cliente: 900 813 357
Direccións:
Oficina Principal
C/ Cantabria s/n
36206 VIGO
Horario: 8:30 - 13:30 de luns a venres
Oficina no Centro
C/ Venezuela nº 4
36203 VIGO
Horario: 8:30 - 13:30 de luns a venres
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).