Servizo Municipal de Axuda no Fogar (SAF Libre concorrencia)

O Servizo de Axuda no Fogar (SAF) é unha prestación básica dos Servizos Sociais Comunitarios que presta un conxunto de atencións a persoas ou unidades de convivencia no propio domicilio para facilitar o seu desenvolvemento e a permanencia no seu medio habitual.

A prestación deste servizo ten carácter de reforzo e non substitúe ás propias capacidades da persoa usuaria e doutras persoas do seu contorno inmediato nin exime en ningún caso á familia das súas responsabilidades.

Obxectivos:

a) Mellorar a calidade de vida das persoas usuarias.

b) Posibilitar a permanencia das persoas no seu contorno de convivencia habitual.

c) Favorecer e potenciar a autonomía persoal no propio domicilio.

d) Manter, mellorar e recuperar as redes de relación familiar e social.

e) Previr situacións de dependencia ou exclusión social.

f) Retardar ou evitar a institucionalización.

g) Reforzar a solidariedade e potenciar o voluntariado social.

Prestacións que se ofrecen desde o servizo de axuda no fogar:

a) Atencións de carácter persoal na realización das actividades básicas da vida diaria (coidados persoais, alimentación, etc.).

b) Atención das necesidades de carácter doméstico e da vivenda.

c) Acompañamentos fóra do domicilio (citas e xestións).

A quen está dirixido

Poderán ser beneficiarios do S.A.F. as seguintes persoas:

a) Familias ou persoas que presenten disfuncións susceptibles de mellora cunha atención no fogar.

b) Persoas maiores, con certo nivel de dependencia, que non teñan a ninguén que os atendan suficientemente e que con esta axuda, poidan continuar vivindo no seu fogar.

c) Persoas con discapacidade ás que a axuda no fogar lles poida favorecer na súa autonomía.

Requisitos para o acceso:

a) Estar empadroados no Concello de Vigo.

b) Contar, o solicitante, cun domicilio que reúna as mínimas condicións de habitabilidade, valorándose o estado e equipamento da vivenda, os recursos dispoñibles no seu entorno e o acceso aos mesmos.

c) Abonar, ao Concello, a cota establecida na Ordenanza Fiscal Reguladora nº 21, na forma indicada na mesma.

d) Ter solicitado na Xunta de Galicia o recoñecemento da situación de dependencia.

Como facelo

Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

As persoas solicitantes das axudas presentarán as súas solicitudes e demais documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou por calquera dos medios previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (LPACAP).

Documentación requirida

Observacións

O servizo esixe das achegas das persoas usuarias, que aboarán a cota establecida en función da súa capacidade económica.

Existen dúas modalidades de acceso ao servizo:

1. Dependencia:

As persoas que teñan recoñecida a situación de dependencia pola Xunta de Galicia e figuren de alta no Programa de Asignación de Recursos PAR-SAF terán prioridade e accederán directamente, sempre que exista dispoñibilidade de horas para iniciar o servizo.

2. Libre concorrencia:

As persoas que non teñan o recoñecemento da situación de dependencia ou, téndoa recoñecida, non teñan acceso efectivo polo PAR-SAF poderán solicitar o servizo en réxime de libre concorrencia sempre que exista dispoñibilidade. A extensión e intensidade do SAF virá condicionada pola limitación dos orzamentos municipais dispoñibles.

Neste caso, o procedemento iníciase a instancia de parte, aínda que, cando existen circunstancias debidamente acreditadas pode iniciarse de oficio.

As solicitudes dos particulares para acceder ao servizo deberán ser valoradas ,en todo caso, polos servizos sociais de atención comunitaria do Concello.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información