Solicitude de Servizos Especiais de Espectáculos

1. Vixilancia, protección, ordenación e regulación do tráfico, estacionamento de vehículos e calquera outros que sexan motivados pola celebración de espectáculos, entretemento, e en xeral actos públicos que, pola súa natureza, pola aglomeración de público que os mesmos provoquen ou polas necesidades de ordenar o acceso e saída de público e vehículos así o esixan.

2. Calquera outros servizos especiais que sexan motivados por outras actividades que esixan a súa prestación. A estes efectos, entenderanse prestados, a instancia de parte, os referidos servizos cando estes fosen provocados polo particular ou redunden no seu beneficio, aínda que non mediase solicitude expresa.

A quen está dirixido

1. Titulares, empresarios ou organizadores, no seu caso, dos espectáculos, entretemento ou actos públicos que motiven ou obriguen a este Concello a prestar os servizos especiais mencionados anteriormente.

2. Peticionarios dos demais servizos especiais e causantes e beneficiarios dos mesmos, aínda que non os soliciten.

Como facelo

Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Realizarase o ingreso da correspondente taxa, regulada na ordenanza nº 12, na Recadación Municipal polo procedemento de autoliquidación. Os interesados deberán proverse do correspondente impreso normalizado nas dependencias da Policía Municipal, no Rexistro Xeral do Concello ou nesta mesma páxina.

O impreso cuberto presentarase na Oficina da Policia Local. O servizo da Policía, visará na marxe as autoliquidacións, previamente a que o solicitante realice o ingreso na Recadación. 

Para os servizos solicitados fora do horario da Caixa Municipal, o Xefe da Oficina da Policía recadará o importe das autoliquidacións que se produzan, e será obriga de dita oficina o ingreso na Recadación Municipal das cantidades percibidas xunto coas follas autocopiables que lles correspondan no inmediato día seguinte hábil.

Documentación requirida

Observacións

Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír, cando se inicie a prestación dos servizos, entendendo a estes efectos que a devandita iniciación producese coa solicitude dos mesmos.

Oficinas

  • Oficina Policía Local Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Planta Baixa
    36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 286

    Horario: De 7:30 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información