O punto limpo é unha instalación para recibir residuos especiais que non poden ser depositados nos colectores da cidade, de xeito gratuíto e voluntario para as e os cidadáns empadronados no Concello de Vigo.
Os residuos que se poden depositar provirán exclusivamente do ámbito domiciliario ou de oficinas e comercios. Non está permitida a súa utilización para residuos procedentes de industrias, e de medianos ou grandes produtores. Estes deberán xestionar os seus residuos de conformidade coa normativa vixente, en especial a referida a residuos perigosos.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Levando os residuos ao punto limpo localizado nas instalacións da Empresa TOYSAL, sita no camino do Caramuxo nº 65, e ten a referencia SC-U-NP-XA-00079 da Xunta de Galicia.
Residuos admisibles no punto limpo.
Condicións para a entrega:
- O traslado correrá a cargo do produtor ou posuidor, que poderá levar o automóbil ata o colector de depósito.
- Os residuos non deberán estar mesturados entre si, nin con residuos ordinarios.
- A empresa xestora do punto limpo poderá, por razóns xustificadas e debidamente documentadas no libro de incidencias da instalación, non permitir o depósito de residuos.
- O depósito dos residuos será realizado polo propio usuario das instalacións; segregará as fraccións nos colectores situados e identificados para o efecto.
- A reiteración na utilización do punto limpo levará consigo unha análise por parte da Inspección Ambiental Municipal, co fin de determinar unha utilización inadecuada.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).