Trámite necesario para depositar residuos (lixo asimilable aos domiciliarios) na planta de transferencia (empacadora) de Guixar.
Empresas autorizadas pola Xunta para o tratamento de lixo domiciliario ou asimilable a Residuos Sólidos Urbanos.
Primeiramente deberá solicitar autorización ao Servizo Municipal de Limpeza, aportando autorización da Xunta de Galicia para tratamento de residuos domiciliarios ou asimilables, mediante solicitude no Rexistro Xeral do Concello a través da carpeta do cidadán. Unha vez autorizados deberán proverse na recadación municipal dos tickets polo importe do servizo. O Concello facilitará tickets para depositar ata 100 kg., 1 Tm e 2 Tm. Pode consultar a tarifa no artigo 4 da Ordenanza nº 20 Reguladora das Taxas pola Prestación de Servizos de Limpeza.
Estarán obrigados ao pagamento da taxa quen deposite os residuos na planta de transferencia de lixo.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Deberá seguir os pasos indicados no apartado anterior presentando a solicitude e documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Para máis información chame aos teléfonos 986 810 223 / 986 281 900 do Servizo de Limpeza do Concello de 9 a 13 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).