Denuncias por Contaminación Acústica

Considéranse infraccións administrativas as accións ou omisións que contraveñan as disposicións da Ordenanza Municipal de Protección do Medio contra a Contaminación Acústica. As infraccións clasifícanse en leves, graves e moi graves.

Constitúe falta leve:

a. A superación dos límites admitidos ata 5 dB (A).

b. A transmisión de niveis de vibración correspondentes á curva base inmediatamente superior á máxima admitida para cada situación.

c. Calquera outra infracción ás normas desta ordenanza non cualificada expresamente como falta grave ou moi grave.

d. A realización das actividades non permitidas polo capítulo IV, título III da ordenanza municipal.

e. A circulación de vehículos de motor co escape libre e con silenciadores ineficaces, incompletos, inadecuados ou deteriorados.

f. A non presentación dos vehículos ás inspeccións.

De conformidade coa Lei 7/1997, do 11 de agosto, constitúe falta grave:

a. A superación en máis de 5 dB (A) dos valores límite establecidos.

b. A transmisión de niveis de vibración correspondentes a dúas curvas base inmediatamente superiores á máxima admitida para cada situación.

c. A vulneración expresa dos requerimentos municipais para a corrección das deficiencias observadas.

d. A negativa ou obstrucción ao labor inspector. Considérase, en todo caso, como resistencia á actuación inspectora impedirlles aos funcionarios competentes a entrada en recintos e locais onde deban realizarse as inspeccións, sempre e cando a Administración actuante observase os requisitos formais establecidos nesta ordenanza.

e. A reincidencia en faltas leves no prazo de doce meses.

f. O inicio de actividades ou a apertura de establecementos e instalacións susceptibles de producir ruídos ou vibracións sen obter a autorización ou licenza.

g. A transgresión ou incumprimento das condicións impostas na autorización ou licenza, así como a non adopción, dentro do prazo concedido, das medidas correctoras sinalados polo órgano competente. Neste último suposto, os suxeitos responsables poderán evitar a imposición de sanción se proceden voluntariamente á paralización ou non iniciación da actividade.

De conformidade coa Lei 7/1997, do 11 de agosto, constitúe falta moi grave:

a. A superación en máis de 15 dB (A) dos valores límite establecidos.

b. A transmisión de niveis de vibración correspondentes a máis de dúas curvas base inmediatamente superiores á máxima admitida para cada situación.

c. A reincidencia en faltas graves no prazo de doce meses.

d. O incumprimento das ordes de clausura dos establecementos ou de paralización da actividade acordadas pola autoridade competente.

A quen está dirixido

Calquera persoa.

Como facelo

Por Internet

As inspeccións poderán levarse a cabo por propia iniciativa municipal ou trala solicitude de calquera interesado, que será feita cubrindo o impreso de denuncia e enviándoo ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo a través da Carpeta do Cidadán. As solicitudes conterán, ademais dos datos xerais esixibles ás instancias na lexislación que regula o procedemento administrativo, os datos precisos para a realización da inspección.

Nos casos de recoñecida urxencia, cando os ruídos resulten altamente perturbadores ou cando sobreveñan ocasionalmente por uso abusivo, deterioro ou deficiente funcionamento das instalacións, aparellos ou equipos, a solicitude de inspección poderá formularse directamente ante os servicios de inspección (Policia Local) tanto de palabra como por escrito.

As inspeccións realizaranse tendo en conta as características do ruído e das vibracións existentes. Para tal fin, as medicións relativas ao ruído subxectivo practicaranse sen coñecemento do titular da fonte sonora. Así mesmo, as medicións relativas ao ruído obxectivo con carácter xeral practicaranse tamén sen coñecemento do titular ou responsable da fonte sonora, sen prexuízo de que, neste último caso, se lle poida ofrecer ó responsable do foco ruidoso unha nova medición na súa presenza para o seu coñecemento.

Unha vez concluídas as medicións, entregaráselles aos interesados unha copia do resultado.




Presencialmente

As inspeccións poderán levarse a cabo por propia iniciativa municipal ou trala solicitude de calquera interesado, que será feita cubrindo o impreso de denuncia e entregándoo no Rexistro Xeral do Concello de Vigo. As solicitudes conterán, ademais dos datos xerais esixibles ás instancias na lexislación que regula o procedemento administrativo, os datos precisos para a realización da inspección.

Nos casos de recoñecida urxencia, cando os ruídos resulten altamente perturbadores ou cando sobreveñan ocasionalmente por uso abusivo, deterioro ou deficiente funcionamento das instalacións, aparellos ou equipos, a solicitude de inspección poderá formularse directamente ante os servicios de inspección (Policia Local) tanto de palabra como por escrito.

As inspeccións realizaranse tendo en conta as características do ruído e das vibracións existentes. Para tal fin, as medicións relativas ao ruído subxectivo practicaranse sen coñecemento do titular da fonte sonora. Así mesmo, as medicións relativas ao ruído obxectivo con carácter xeral practicaranse tamén sen coñecemento do titular ou responsable da fonte sonora, sen prexuízo de que, neste último caso, se lle poida ofrecer ó responsable do foco ruidoso unha nova medición na súa presenza para o seu coñecemento.

Unha vez concluídas as medicións, entregaráselles aos interesados unha copia do resultado.

Documentación requirida

Observacións

As infraccións aos preceptos desta ordenanza sancionaranse da seguinte maneira, de acordo ao establecido na Lei 7/1997, do 11 de agosto, de protección contra a contaminación acústica.

a. Infraccións leves, con multa de 100.000 ata 250.000 ptas (o equivalente en euros).

b. Infraccións graves, con multa de 250.001 ata 1.500.000 ptas. (o equivalente en euros), clausura temporal do establecemento ou paralización da actividade por un espazo de tempo non superior a seis meses.

c. Infraccións moi graves, con multa de 1.500.001 ata 10.000.000 ptas. (o equivalente en euros), clausura do establecemento ou paralización da actividade por espazo superior a seis meses ou con carácter definitivo.

Oficinas

  • Oficina de Medio Ambiente Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    2º Andar
    36202 - Vigo
    Teléfonos: 986 810 210 ; 986 810 204

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Lexislación relacionada

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información