Comunicación ou Notificación ao Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos

Trámite para realizar notificacións ou cambios na información recollida no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.

A quen está dirixido

Persoas con animais rexistrados no Rexistro Municipal de Animais Potencialmente Perigosos.

Documentación requirida

  • No caso de cambio de Concello de residencia do animal e cambio de propietario
    • Copia da modificación no REGIAC
  • No caso de morte ou sacrificio
    • Certificado do veterinario ou autoridade competente
  • No caso de cambio de propietario que non implique cambio de Concello
    • Copia da licenza municipal de animais potencialmente perigosos
      só se se obtuvo noutro Concello.
  • No caso de esterilización
    • Copia da certificación veterinaria acreditativa

Como facelo

Por Internet

Cubrir o impreso de solicitude e envialo, xunto coa documentación requerida, se é o caso, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo, a través da Carpeta do Cidadán.

Esta opción non é válida no caso de notificación de Baixa por Morte ou Sacrificio, xa que é imprescindible o certificado orixinal do veterinario ou autoridade competente.




Presencialmente

Cubrir o impreso de solicitude e entregalo, xunto coa documentación requerida, se é o caso, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Oficinas

  • Oficina de Medio Ambiente Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    2º Andar
    36202 - Vigo
    Teléfonos: 986 810 210 ; 986 810 204

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información