Deberá facer o pagamento desta taxa pola prestación da Administración Municipal dos seguintes servizos:
a. Retirada, transporte e custodia de instalacións, elementos e xéneros relativos ao exercicio de calquera actividade ou comercio na vía pública, ou en dominio público municipal, sen licencia en concordancia co disposto no artigo 27 da “Ordenanza reguladora da venda na vía pública e espacios abertos”.
b. Retirada, transporte e custodia de elementos ou obxectos colocados na vía pública sen a correspondente autorización municipal.
c. Servizos similares aos anteriores ordenados por resolución do Alcalde, Comisión de Goberno ou Pleno por causa de forza maior, orde pública, ruína, seguridade de persoas e bens e outros.
Aos vendedores e/ou responsables por calquera título dos elementos, instalacións e xéneros obxecto da retirada e custodia. En materia de responsabilidades aplicaranse os artigos 12 a 16 da Ordenanza Fiscal Xeral.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
A obriga de contribuír por esta taxa nace no momento en que os funcionarios municipais se fagan cargo das instalacións, elementos e xéneros para o seu transporte a un depósito municipal e posterior custodia. O ingreso das taxas reguladas nesta Ordenanza realizarase polo procedemento de autoliquidación en impreso regulamentario que facilitarán as oficinas da Policía Local e Xestión Tributaria, sendo indispensable o pagamento para a retirada dos elementos custodiados.Horario: De 7:30 a 13:30 horas.
Horario: De 9 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).