Licenza necesaria para o traslado de cadáveres ou restos cadavéricos dun cemiterio municipal a outro cemiterio.
Calquera persoa interesada.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Persoalmente na oficina de cemiterios, presentando a documentación requirida e pagando a taxa correspondente á licenza de exhumación do punto D.2 do artigo 5 da ordenanza nº 14 reguladora dos dereitos ou taxas pola prestación de servizos dos cemiterios municipais.
- As exhumacións e traslados verificados antes dos cinco anos satisfarán dobres dereitos.
- As licenzas para inhumacións, exhumacións e traslado de cadáveres, expedición de títulos, autorizacións para transmisións de titularidade, concesións e renovacións, serán expedidas polo Negociado de Cemiterios, por rigorosa orde de presentación de solicitudes.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).