Solicitude / Autoliquidación de Revisión de Vehículos Taxis

A revisión dos vehículos taxi é necesaria no momento da concesión da licenza municipal de taxi e cando se faga un cambio de vehículo.

A quen está dirixido

O titular da licenza.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".




Presencialmente

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Por correo

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Documentación requirida

    • Pago das Taxas por renovación de vehículo
      Revisión de vehiculo e certificado de cambio de vehiculo.
    • Carné de Conducir (Fotocopia)
    • Características e requisitos técnicos do vehículo a adscribir
    • Permiso de Circulación do Vehículo (Fotocopia)
    • Ficha Técnica do Vehículo (Fotocopia)
    • Tarxeta de revisión do taxímetro (Fotocopia)
    • Póliza de responsabilidade civil (Fotocopia)
    • Vida Laboral
      Actualizada do titular ( e no seu caso, do asalariado).
  • No caso de cambio de vehículo
    • Licenza municipal do vehículo que se substitúe (Orixinal)

Observacións

Unha vez feita a solicitude notificaráselle mediante chamada telefónica o lugar (xunto á parada de taxis da rúa Granada), día e hora onde debe presentarse co vehículo para sometelo a revisión.

Oficinas

  • Rexistro Xeral Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

  • Servizo de Transportes Concello de Vigo Praza do Rei 1. 36202 Vigo. Teléfono: 986 810 353

    Horario: De 9 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Lexislación relacionada

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información