Proxecto "Viaxa e Coñece"

Proxecto destinado a favorecer o coñecemento do patrimonio histórico, cultural e paisaxístico da Eurorexión Galicia – Norte de Portugal a través de excursións de un día organizadas polas asociacións veciñais ou de persoas maiores que o soliciten.

Consiste na posta a disposición dun servizo de autobús de cincuenta e cinco prazas para visitar poboacións de interese na Eurorexión ou asistir a xornadas de convivencia e relación social.

A quen está dirixido

O proxecto vai dirixido a persoas de 65 anos ou máis empadroadas no Concello de Vigo, independentemente de que sexan socios ou non das asociacións veciñais ou de persoas maiores onde realizarán a inscrición para participar na actividade.

Como facelo

Por Internet

Presentando a solicitude no Rexistro Xeral do Concello a través da carpeta cidadá.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Presentando a solicitude no Rexistro Xeral do Concello.

Prazos

Para poder participar no proxecto, enviarase a solicitude cunha antelación mínima de 15 días antes da saída.

Documentación requirida

Observacións

A Concellería de Política Social concederá ao longo do ano (dende xaneiro ata decembro) a cada colectivo un autobús, sempre que exista dispoñibilidade orzamentaria.

O número de prazas dispoñibles no autobús será de 55, podendo solicitalo cun mínimo de 40 persoas.

O itinerario marcado na solicitude presentada no Rexistro do Concello non poderá modificarse.

As saídas non poderán superar ao longo do día a duración máxima de 12 horas.

Os puntos de recollida e regreso dos viaxeiros serán como máximo tres, incluído o de orixe, e faranse constar na solicitude.

O departamento de Política de Benestar notificará a concesión ou denegación do servizo de autobús ao colectivo que presentou a solicitude.

Unha vez concedido o servizo, se houbera que facer algún cambio, este comunicarase á técnica do Servizo de Maiores que, se procede, notificarao á empresa de autobuses.

O autobús subvencionado polo departamento levará na parte dianteira un cartel identificativo co texto “Servizo de transporte para os programas da Concellería de Política Social do Concello de Vigo”.

De non aceptar a concesión do autobús deberá comunicalo ao Concello á Concellería de Política Social, Servizo de Maiores.

Contacto:

Poderá contactar cos técnicos responsables do Servizo de Maiores na Concellería de Política Social, teléfono 986 810 351.

Oficinas

  • Rexistro Xeral Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información