A través deste trámite pode recibir unha información adecuada sobre os dereitos que lle asisten e as posibilidades de exercicio destes e, en xeral, calquera información relacionada co ámbito de consumo.
Os temas máis tratados son relativos a prestación de servizos ou fabricación (garantías), incumplimiento condicións de venda, prezos, cláusulas abusivas, publicidade, compra de vivenda, tinturarías, talleres de reparación de automóbiles, Servizos de Asistencia Ténica (SAT), rebaixas, etc.
Calquera persoa.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Cubrindo o impreso correspondente de consulta, sendo a exposición de motivos todo o detallada posible.
En caso necesario, deberán achegarse copias de tódolos xustificantes (tikets de compra, facturas, etc.), contratos, folletos de publicidade, etc.
Enviarase á dirección da O.M.I.C. o impreso cuberto de consulta, cos seus datos, sendo a exposición de motivos todo o detallada posible.
En caso necesario, deberán achegarse copias de tódolos xustificantes (tikets de compra, facturas, etc.) así como contratos, folletos de publicidade, etc.
Tamén pode acudir ás Asociacións de Consumidores e a outros Organismos para certos sectores específicos.
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).