Tarxeta de Estacionamento para Persoas con Discapacidade

Autorización para estacionamento en zona reservada para persoas con discapacidade.

A quen está dirixido

Persoas empadroadas no Concello de Vigo e que conten cunha discapacidade que lle impida a utilización do transporte público.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

Debe cubrir e imprimir o impreso de solicitude e presentalo, xunto coa documentación requirida, no Rexistro Xeral do Concello.

Por correo

Debe cubrir e imprimir o impreso de solicitude e enviarlo, xunto coa documentación requirida ao Rexistro Xeral do Concello.

Documentación requirida

    • Solicitude tarxeta de estacionamento para persoas con discapacidade No caso de facer a solicitude de forma presencial.
    • Certificado de discapacidade
      Indicarase o recoñecemento da imposibilidade de usar o transporte público, polo centro de valoración e orientación (EVO), dependente das seccións de cualificación e valoración da discapacidade (Art. 50.3, D 35/2000, de 28 de xaneiro).
    • 1 Fotografía tamaño carné
    • Fotocopia do DNI

Observacións

No caso de que se denagara a tarxeta de estacionamento, o interesado poderá solicitar a tarxeta de accesibilidade ao transporte público.

As tarxetas de estacionamento, teran unha validez de 10 anos, sempre que o certificado de discapacidade, sexa definitivo, si pola contra o certificado de discapacidade é temporal a validez é polo tempo do certificado

Oficinas

  • Oficina Policía Local Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Planta Baixa
    36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 286

    Horario: De 7:30 a 13:30 horas.

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información