Estes permisos comprenden a apertura de zanxas, calicatas e calas en terreos de uso público local, inclusive estradas, camiños e demais vías públicas locais, para a instalación e reparación de cañerías, conduccións e outras instalacións, así como calquera remoción de pavimento ou beirarúa na vía pública.
Terán a consideración de obras menores aquelas de conservación, mantemento e arranxo de avarías, sempre que se cumpran as seguintes condicións:
a) Xeométricas:
- No solo: Lonxitude máxima: 6 m
- No subsolo: Ademais, profundidade máxima: 4,5 m
b) Temporais:
O prazo de execución non poderá superar os 5 días hábiles.
En todo caso, a obra menor non poderá pasar dos 20 metros cuadrados.
Só poderán solicitalo aquelas empresas que teñan convenio co Concello de Vigo.
Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.
Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.
Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Durante a tramitación do expediente poderá pedirse ao interesado calquera outra documentación que os servizos técnicos municipais consideren precisa atendendo á natureza e características da obra.
- Toda a documentación técnica deberá estar subscrita por técnico competente.
- Da documentación técnica indicada, poderá solicitárselle ao concello a dispensa de presentar algunha delas, por non ser precisa para a execución das obras por mor da súa natureza.
- Antes de iniciar os traballos para os que se solicita a correspondente licenza, ésta deberá presentarse ante a Comisión Mixta de Seguimento de Obras na Vía Pública, para a súa programación.
Teña en conta que o feito de realizar o pagamento non implica obter o permiso. A aprobación / denegación do permiso comunicaráselle posteriormente unha vez estudiada a súa solicitude.
Fianza:
A fianza responderá dos danos e prexuízos que poida sofrir o dominio público con ocasión ou como consecuencia directa ou indirecta da execución das obras. O seu importe será do 10% do custo de execución da obra, que se entenderá que coincide co presuposto presentado se non se modificase aquél na licenza.
Depositarase nos 15 días seguintes á notificación de concesión da licenza, e en todo caso antes do inicio das obras, en calquera das formas previstas na vixente lexislación, e cancelarase á solicitude do interesado e tralo informe técnico no que se acredite que a execución das obras está finalizada e realizada de conformidade coa licenza e que non existen danos ou prexuízos ós que sexa necesario aplicala, unha vez transcorrido o prazo de garantía.
A través de convenio poderá establecerse a fianza correspondente a tódalas obras que segundo o Plan se prevé executar pola empresa operadora durante o ano, que deberá manterse actualizada en todo momento.
Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).