Unha vez concedida a licenza e, no seu caso, a autorización para o aproveitamento do dominio público e antes da súa presentación ante a Comisión Mixta de Seguimento de Obras na Vía Pública para a súa programación, o solicitante deberá cubrir este formulario.
Posteriormente deberá presentar, no seu día, ante a Comisión Mixta de Seguimento de Obras na Vía Pública a seguinte documentación:
1º.- Xustificante da autoliquidación do imposto municipal sobre construcións e obras que resulte segundo a ordenanza de aplicación.
2º.- Xustificante da autoliquidación da taxa por control de calidade na execución das obras no dominio público por importe do 4% do presuposto de execución material da obra ( artigo 29 da O.X.V.P.).
3º.- Xustificante da autoliquidación da taxa pola ocupación temporal do solo durante as obras, distinto ao correspondente ao aproveitamento que se pretende, con casetas ou outros elementos afectos á obra.
As restantes empresas explotadoras de servizos ou subministracións que xustifiquen que pagaron no último semestre o 1,5% dos seus ingresos obtidos no termo municipal, salvo no caso das de telefonía móbil que liquidarán o 1,4% da base impoñible, tal como se contempla no artigo 4 da súa ordenanza reguladora polo que non estarán obrigadas ao pagamento desta taxa cando se trate de ocupación de vía pública ( as destinadas polo planeamento municipal ao tráfico de vehículos ou peóns ). No restante dominio público, estas empresas pagarán as taxas polo importe que corresponda en cada momento segundo a Ordenanza fiscal reguladora das taxas polo aproveitamento especial ou utilización privativa do dominio público local vixente. As restantes empresas, incluídos os promotores particulares, liquidarán as taxas pola ocupación sempre consonte coas cotas que figuren na ordenanza fiscal de aplicación.
Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
Horario: De 9:00 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).