Ponse en coñecemento dos residentes na zona de influencia do aparcadoiro publico de praza de Portugal, de conformidade co disposto no Regulamento Xeral de Réxime interior regulador do servizo público do aparcamento soterrado sito na Praza Portugal publicado na data 2 de decembro de 2011, e que estean interesados en obter unha praza de residente no mesmo, que deberan presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello.
Ser persoa física propietaria ou condutor habitual do vehículo e residir de feito e figurar empadroada na area de influencia do aparcadoiro.
Por cada vivenda poderán solicitarse como máximo dous abonos de residente.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Debe cubrir o impreso de solicitude ou o formulario web e presentar a solicitude resultante no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Horario: De 9 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).