O artigo 24 da Ordenanza municipal obriga a comunicar a adscrición dun condutor á licenza correspondente.
O titular da licenza.
So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).
Presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
Lémbrase que de conformidade co citado artigo 24 da Ordenanza municipal, o titular da licenza debera presentar a solicitude de alta dun condutor asalariado nun prazo máximo de 5 días no Concello, a partir da data da súa contratación.
De conformidade co artigo 28 da Ordenanza municipal,
1. Para a axeitada identificación do condutor de taxi, o Concello expedirá a tarxeta de identificación de condutor que contendrá unha fotografía do condutor, así como o nome , apelidos, número e data de validez do permiso de condutor de taxi; matrícula del vehículo e número da licencia a que se estea adscrito, así como a modalidade laboral na que presta servizo e o horario de traballo
2. A tarxeta de identificación, que deberá portarse sempre que se este prestando servizo, se colocará na parte inferior dereita da lúa dianteira do vehículo de forma que resulte visible desde o exterior do mesmo.
Asimesmo, no caso de que o asalariado produza baixa, o titular deberá comunicar a mesma nun prazo máximo de 5 días e entregar a tarxeta de identificación correspondente ao contrato. Entregarase para este efecto, resolución da baixa na Seguridade Social.
Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas
Horario: De 9 a 13:30 horas.
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100
Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).