Identificación do conductor en multas de tráfico do Concello de Vigo

Se, como titular de vehículo, condutor habitual ou arrendatario do vehiculo recibiu un requirimento para que identifique a un condutor responsable dunha infracción, pode realizar este trámite na internet, sen necesidade de certificado dixital nin de DNI electrónico.

¿Cando existe obrigación de identificar?

É obrigatorio identificar se a denuncia refírese a feitos en que o vehiculo esta circulando e o condutor non esta identificado.

¿Que pasa se non se identifica ao condutor existindo obligacion de facelo?

En caso de non atender dita obrigación (ou facelo de forma non veraz) no prazo indicado , sera sancionado como autor dunha infracción moi grave prevista no Art. 77 j) ;

A cuantia de dicha multa sera do dobre da prevista para a infracción orixinaria que a motivo sise trata dunha infracción leve e con multa do triplo se a infracción orixinaria é grave ou moi grave (Art. 80 2 b do R.D 6/2015).

A sanción por non identificar o condutor responsable da infracción non ten redución do 50 % do importe da multa.

A identificación do condutor debe realizarse no momento procedemental oportuno.

A quen está dirixido

O titular do vehículo, condutor habitual ou arrendatario do vehículo.

Como facelo

Por Internet

Sen necesidade de certificado digital nin de DNI electrónico.

Clique no botón "Tramitar por Internet" e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

So para os solicitantes non obrigados a relacionarse telemáticamente coa administración (pode consultar os solicitantes obrigados a relacionarse coa administración de maneira electrónica).

Entregarase debidamente cumprimentado o impreso que recibiu no portelo do Departamento de Recadación Executiva ou en calquera outro lugar dos previstos no artigo 16 da Lei 39/2015.

Por correo

Devolvendo o impreso que recibiu, debidamente cumprimentado, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei, s.n., 36202 - Vigo (Pontevedra).

Documentación requirida

  • Si o condutor non esta inscrito no rexistro de condutores da Dirección Xeral de Trafico
    • Copia da autorización que lle habilite para conducir en España
      No caso de que o permiso de conducir corresponda a un país que non sexa membro da Unión Europea ou do Espacio Económico Europeo, deberá aportarse tamén copia d pasaporte do conductor co selo de entrada en España.
  • Si o titular é unha empresa de aluguer de vehículos sen condutor
    • Copia do contrato de arrendamento
      As empresas de aluguer e leasing están obrigadas a aportar o contrato para que dita identificación sea válida.

Oficinas

  • Seguridade e Mobilidade Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Sótano 1
    Teléfono: 986 810 291 ; 986 810 121

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información