Inscrición no Programa Municipal de Escolas Deportivas 2023/2024

Mediante este trámite poderá realizar a inscrición no Programa Municipal de Escolas Deportivas.

A quen está dirixido

Está dirixido a todos os que xa estaban inscritos o ano pasado ou novas inscripcions, de forma presencial ou a través da web.

Como facelo

Por Internet

Realizar a reserva a través da web reservasdeportes.vigo.org  Entre o 4 e 13 de setembro para alumnas/os antigas/os, e do 15 o 26 para alumnas/os novas/os. Nos grupos onde sexa posible esta inscrición. Ver folleto do Programa.



Presencialmente

Recollendo e presentando a solicitude de inscrición nas oficinas do pavillón de Travesas. Entre o LUNS 4 de Setembro e o 13 de Setembro para alumnos antigos (ver días específicos para cada modalidade deportiva) , e entre o 15 e o 26 de Setembro para alumnos novos (ver días específicos para cada modalidade deportiva).

Prazos

Alumnado antiguo a través da web entre o 4 e 13 de Setembro. Alumnado novo desde o 15/09 ás 00.00 ata 26/09 ás 23:59 (ver folleto)

Documentación requirida

Observacións

Solicitudes de exención de pago

Os solicitantes da exención de pago do Programa, deberán realizar estes 3 pasos antes de acudir a reservar a praza de xeito presencial, as oficinas do Complexo Deportivo de Travesas. Non é posible a reserva con exención de pago a través da web.

  1. Descargar e cubrir a solicitude que se anexa.
  2. Presentar a solicitude asinada, e toda a documentación a través do rexistro electrónico na páxina do Concello de Vigo ou rexistro presencial con cita previa (vigo.org/citaprevia) no Concello de Vigo. Para a realización do rexistro electrónico pode consultar a páxina sede.vigo.org na carpeta cidadá (recoméndase realizar este paso con suficiente antelación).
  3. Co número de rexistro da solicitude presentada, pode ir a reservar a praza presencialmente nas oficinas de Travesas, nos días establecidos para cada modalidade deportiva. (Nas oficinas só deberán presentar o número de rexistro, DNI e libro de familia. Non se precisa a documentación presentada por rexistro).

UNHA SOLICITUDE DE EXENCIÓN POR CADA NEN@ INSCRIT@ (dous irmáns, dúas solicitudes de inscrición, unha solicitude para cada un. Cada solicitude pode ser para dúas escolas deportivas).

Importes:

O importe a abonar é de 44.25 € para cada actividade (excepto a actividade de natación artística, escalada, piragüismo, kaiak, que é de 114.00 €). Toda a información, no folleto adxunto no apartado de documentación.

Oficinas

  • Complexo de Travesas Avenida de Castrelos nº 1

    Horario: Horarios de oficina para inscripcións: De 8:30 a 13:30.

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información