Escudo Concello de Vigo
Perfil

Subvencións para o fomento do emprego de entidades sen ánimo de lucro 2018

Esta convocatoria de subvencións, realizada pola Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relación con Sindicatos do Concello de Vigo, ten por obxecto a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas ás entidades sen ánimo de lucro que operan no movemento veciñal, social, sindical, deportivo, empresarial e das comunidades de montes, constituídas legalmente como tales entidades sen ánimo de lucro, para actividades de fomento do emprego entre os veciños e veciñas de Vigo.

Convocatoria

  • Prazo solicitudes: 01/02/2018 - 14/02/2018

Documentación

  • Bases reguladoras (23/01/2018).
  • Rectificación bases reguladoras Anuncio publicado no BOP nº 23, do xoves 1 de febreiro de 2018. (26/01/2018).
  • Extracto da convocatoria (31/01/2018).
  • Formulario de solicitude Unha vez cubertos os datos do formulario de solicitude, deberá pulsar "XERAR SOLICITUDE DIXITAL" para descargar o arquivo que deberá asinar electrónicamente e presentar a través da sede electrónica do Concello de Vigo. Poderán empregarse calquera dos sistemas de sinatura electrónica aceptados (que pode consultar na sede electrónica do Concello de Vigo), admitíndose tanto o da propia entidade (persoa xurídica) coma o da persoa que ostente a súa representación (persoa física). (31/01/2018).
  • Manual autofirma para sinatura electrónica (31/01/2018).

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información