Escudo Concello de Vigo
Perfil

Bases reguladoras das subvencións para a o fomento do emprendemento e a consolidación empresarial a través do traballo colaborativo (2018)

Esta convocatoria de subvencións, realizada pola Concellería de Emprego, Economía, Industria, Voluntariado e Relación con Sindicatos do Concello de Vigo, ten por obxecto a concesión en réxime de concorrencia competitiva, de axudas económicas a autónomos e micropemes, constituídas legalmente como tales, para o fomento do emprego a través do emprendemento e a consolidación empresarial en entornas colaborativas (espazos de traballo compartidos entre varios usuarios (coworking)) dende 01 de xaneiro ao 30 de setembro de 2018.

Prazo de presentación de solicitudes: do 21 de febreiro ata o 6 de marzo, ambos incluidos.

Os suxeitos obrigados polo artigo 14.2 LPAC a relacionarse por medios electrónicos coas AA.PP, deberán cubrir os seus datos e asinar electronicamente o documento para remitilo, xunto coa documentación complementaria, a través da sede electrónica do Concello de Vigo. Poderán empregarse calquera dos sistemas de sinatura electrónica aceptados (que pode consultar na sede electrónica do Concello de Vigo).

Os suxeitos non obrigados achegarán presencialmente a súa solicitude e a documentación complementaria en soporte papel ante o Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa do procedemento administrativo común.

Así mesmo e, pese a non estar obrigados, poderán optar pola tramitación electrónica da súa solicitude, achegando o formulario asinado electronicamente, xunto coa documentación complementaria, a través da sede electrónica do Concello de Vigo.

Convocatoria

  • Prazo solicitudes: 21/02/2018 - 06/03/2018

Documentación

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información