Escudo Concello de Vigo
Perfil

Convocatoria "Piloto de edificios intelixentes" - Participación de propietarios de edificios de vivendas (comunidades de propietarios)

No marco do Plan Nacional de Territorios Intelixentes do Ministerio de Enerxía, Turismo e Axenda Dixital, o Concello de Vigo atopase preparando o proxecto para presentarse á convocatoria do programa "Pilotos de Edificios Intelixentes" xestionado por Red.es.

O obxectivo desta iniciativa é contribuír ao desenvolvemento de varios proxectos "piloto", que posibiliten contrastar o modelo de integración da información dos “edificios” nun modelo de cidade intelixente, cun dobre obxecto, por un lado como axuda os "propietarios dos edificios de vivendas" no ámbito de mellorar a eficiencia enerxética, a seguridade, etc., reducindo os custos operativos do edificio, e por outro lado a información capacitará á cidade na toma de decisións do ámbito das súas competencias.

E importante destacar que o desenvolvemento do proxecto de ser seleccionado no marco da convocatoria publicada por Red.es, será financiado con "Fondos Europeos" e con recursos do propio Concello, polo cal non suporá ningún custo para os propietarios de edificios participantes.

Procedemento para solicitar a súa participación: O interesado deberá remitir por correo electrónico a seguinte dirección edificios.intelixentes@vigo.org, a seguinte información:

- Identificación persoal: Nome e apelidos, indicando a capacidade de representación da "comunidade de propietarios do edificio", ou de calquera outra categoría da propiedade, así mesmo deberá indicar un telefono de contacto.

- Identificación do edificio: identificación da dirección postal do edificio, ano de construción, número de plantas do edificio.

Criterios para a selección: Conseguir una selección de edificios cunha distribución adecuada no ámbito do termino municipal (cun máximo de 20 edificios), para o cal os solicitantes deberán comprometerse a ratificar acordo de participación do órgano competente por parte da “comunidade de propietarios” co Concello de Vigo antes do 20/06/2018. Dita selección será realizada por orde da data de solicitude.

Convocatoria

  • Prazo solicitudes: 31/05/2018 - 08/06/2018

Documentación

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información