Escudo Concello de Vigo
Perfil

Subvencións á rehabilitación de edificios e vivendas

Subvencións á rehabilitación de edificios e vivendas nas áreas de rehabilitación integral do concello de Vigo (fase 15ª de Casco Vello, 10ª de Bouzas, 2ª das rúas Bueu-Moaña en Coia e 2ª de Santa Clara) Plan estatal 2013-2016 prorrogado a 2019 segundo a DT1ª do Plan estatal de vivenda 2018-2021.

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo, en sesión ordinaria de 21 de xuño de 2018, acordou aprobar as bases reguladoras e a convocatoria de subvencións para a rehabilitación de edificios de vivendas nas ARIS de Vigo con financiamento da prórroga do Programa de rexeneración e renovación urbanas do Plan estatal de fomento do alugamento e vivenda, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas dispoñendo a súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e a convocatoria no BOP a través da Base de Datos Nacional de Subvencións e no xornal de mayor difusión da provincia.

Pode facer as correspondentes solicitudes telemáticas nos seguintes enlaces:

- Solicitude de información e visita

- Solicitude oficial de axudas

Convocatoria

  • Prazo solicitudes: 09/08/2018 - 22/09/2018

Documentación

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información