Escudo Concello de Vigo

Adxudicacións directas

Próximas adxudicacións:

Participación na adxudicación directa

Poden participar todas as persoas con capacidade de obrar e que non teñan impedimento ou restrición legal. Se se actúa por medio de representante, éste deberá acreditar a representación que ostenta.

Non pode participar o debedor.

Requisito

Constituír un depósito do 20 por cento do tipo de segunda licitación. O depósito deberá constituírse na oficina de Recadación Executiva sita na Praza do Rei, en efectivo ou mediante cheque bancario ou conformado e nominativo a favor do Concello de Vigo.

Ofertas

A adxudicación directa non é un acto público.

As ofertas deberán facerse en sobre pechado (modelo sobre), que presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Ha de terse en conta:

  • A oferta farase no modelo oficial
  • Se se licita por varios lotes, presentarase un sobre por cada un deles.
  • No interior do sobre incluirase o modelo oficial de oferta e o resgardo de constitución do depósito, así como fotocopia de dni/nie/pasaporte do licitador e, no seu caso, do seu representante.

Os bens serán adxudicados á mellor oferta que reúna os requisitos esixidos. En caso de igualdade, ten preferencia aquela que se rexistrou en primeiro lugar.

O resultado da adxudicación comunicarase ao adxudicatario e a todos os participantes.

Pago do prezo de adxudicación

O adxudicatario dos bens deberá ingresar a diferenza entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación dentro dos 15 días naturais seguintes á adxudicación, mediante ingreso ou transferencia a unha conta que se lle comunicará por correo electrónico.

En caso de non efectuar o pago, o adxudicatario perderá o importe do depósito, que se aplicará á cancelación das débedas do expediente, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerá polos prexuízos que orixine a falta de pago do prezo de adxudicación.

Devolución do depósito

A devolución dos depósitos aos licitadores que non resultasen adxudicatarios dos bens farase de oficio.

 

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información