Próximas adxudicacións:
Participación na adxudicación directa
Poden participar todas as persoas con capacidade de obrar e que non teñan impedimento ou restrición legal. Se se actúa por medio de representante, éste deberá acreditar a representación que ostenta.
Non pode participar o debedor.
Requisito
Constituír un depósito do 20 por cento do tipo de segunda licitación. O depósito deberá constituírse na oficina de Recadación Executiva sita na Praza do Rei, en efectivo ou mediante cheque bancario ou conformado e nominativo a favor do Concello de Vigo.
Ofertas
A adxudicación directa non é un acto público.
As ofertas deberán facerse en sobre pechado (modelo sobre), que presentarase no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.
Ha de terse en conta:
- A oferta farase no modelo oficial
- Se se licita por varios lotes, presentarase un sobre por cada un deles.
- No interior do sobre incluirase o modelo oficial de oferta e o resgardo de constitución do depósito, así como fotocopia de dni/nie/pasaporte do licitador e, no seu caso, do seu representante.
Os bens serán adxudicados á mellor oferta que reúna os requisitos esixidos. En caso de igualdade, ten preferencia aquela que se rexistrou en primeiro lugar.
O resultado da adxudicación comunicarase ao adxudicatario e a todos os participantes.
Pago do prezo de adxudicación
O adxudicatario dos bens deberá ingresar a diferenza entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación dentro dos 15 días naturais seguintes á adxudicación, mediante ingreso ou transferencia a unha conta que se lle comunicará por correo electrónico.
En caso de non efectuar o pago, o adxudicatario perderá o importe do depósito, que se aplicará á cancelación das débedas do expediente, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerá polos prexuízos que orixine a falta de pago do prezo de adxudicación.
Devolución do depósito
A devolución dos depósitos aos licitadores que non resultasen adxudicatarios dos bens farase de oficio.