O Pleno do excelentísimo concello de Vigo, celebrado en sesión do 28 de setembro de 2015, adoptou, entre outros, os seguintes acordos de aprobación provisional: (BOP 01/10/2015)
- Modificación ordenanza fiscal xeral
- Modificación do anexo da ordenanza fiscal xeral
- Modificación ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre bens inmobles
- Modificación ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica
- Modificación ordenanza fiscal reguladora do imposto sobre actividades económicas
- Modificación ordenanza fiscal reguladora das taxas polos documentos que expida ou que entenda a administración do concello ou a dos seus organismos autónomos, a instancia de parte
- Modificación ordenanza fiscal reguladora das taxas pola inmobilización, retirada, depósito e custodia de vehículos
- Modificación ordenanza fiscal reguladora das taxas pola recollida do lixo
- Modificación ordenanza fiscal reguladora das taxas por aproveitamento especial da vía pública con estacionamento de vehículos de tracción mecánica en determinadas rúas municipais
- Modificación ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos de subministración de auga potable, rede de sumidoiros, saneamento e depuración de augas residuais
Os expedientes atópanse na oficina de información deste concello para información pública e audiencia ás persoas interesadas durante o prazo de 30 días hábiles, para que poidan presentar no seu caso, reclamacións e suxerencias de conformidade cos artigos 17 do Rdl 2/2004 de 5 de marzo polo que se aproba o texto Refundido da lei Reguladora das Facendas locais e 49 da lei 7/85 de Bases de Réxime local.