Escudo Concello de Vigo

Sentenzas e resolucións xudiciais

Todas as sentenzas, as resolucións xudiciais equivalentes, de todas as ordes xurisdicionais ditadas en procedementos nos que o Concello de Vigo é parte (normalmente demandada, pero tamén demandante ou condemandada) son obxecto de remisión formal á Xunta de Goberno Local (en xeral), ao Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo (nos asuntos desa materia) e ademais aos servizos municipais competentes na materia. 

De cada sentenza e asunto figuran os datos formais: órgano xudicial, tipo e número de procedemento ou recurso, demandante, obxecto, resolución xudicial (data e número da resolución) e o sentido do xudicialmente resolto etcétera. 

Polo tanto, os datos das sentenzas das que se vai dando conta figurarán nas ordes de día e actas dos devanditos órganos colexiados municipais e son accesibles na web municipal:

No entanto, de conformidade co disposto na Lei orgánica do Poder Xudicial e normativa que a desenvolve, compete ao Consello Xeral do Poder Xudicial coidar da publicación oficial das sentenzas e das resolucións xudiciais (artigo 519), atribuíndolle ao Centro de Documentación Xudicial (artigo 619 da Lei e 1 do Regulamento 1/1997, do 7 de maio, do Centro de Documentación Xudicial) as funcións de selección, a ordenación, o tratamento, a difusión e a publicación de información xurídica lexislativa, xurisprudencial e doutrinal. 

Así, poderase acceder ao texto das resolucións xudiciais, máis alá dos interesados no procedemento, no acceso á xurisprudencia que se facilita na páxina web do propio Centro de Documentación Xudicial:

As sentenzas sobre disposicións xerais emanadas desta entidade local, son emitidas polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que é o órgano competente (art. 10 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa) e a elas pódese acceder introducindo o dato do número de recurso na páxina web do Centro de documentación xudicial, número de procedemento ou recurso que se facilita na comunicación das sentenzas á Xunta de Goberno e ao Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo.

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información