Escudo Concello de Vigo

Licenza de Exhumación

Licenza para desenterrar un cadáver ou restos humanos en terra, nichos ou panteóns dos cemiterios municipais.

A quen está dirixido

Calquera persoa maior de idade.

Como facelo

Presencialmente

Persoalmente na Oficina de Cemiterios, presentando a documentación requerida e pagando a taxa correspondente.

Prazos

O prazo de resolución é inmediato.

Documentación requirida

  • Autorización de Traslado de Restos
    Que emite a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.
  • Título/s de Propiedade
    Do nicho ou panteón onde está depositado o féretro e da propiedade onde se van a depositar os restos, no caso de que se faga nos cemiterios municipais.

Observacións

- As licenzas para exhumacións e traslado de cadáveres, serán expedidas polo Negociado de Cemiterios, por rigorosa orde de presentación de solicitudes.

- As exhumacións e traslados verificados antes dos cinco anos satisfarán dobres dereitos.

- Nas exhumacións que se realicen, as lápidas existentes serán retiradas polos propietarios das mesmas no prazo máximo de cinco días naturais. Transcorrido o dito prazo, sen que fosen retiradas, o persoal municipal farase cargo delas para proceder á súa destrucción.

- Esta licenza comprende ademais da autorización administrativa propia desta ordenanza, a correspondente autorización para realizar obra menor.

Oficinas

  • Oficina de Cemiterios

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - Sótano 2 (Entrada por rúa granada)
    Teléfono: 986 810 112
    Fax: 986 437 085
    Email: ofi.cemiterios@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información