Escudo Concello de Vigo

Solicitude / Autoliquidación de Duplicado de Carnés ou Licenzas de Taxi

Solicitude de duplicado do permiso municipal de conducir ou das licenzas de taxi.

A quen está dirixido

Persoas en posesión dun carné ou licenza de taxi e desexen un duplicado por perda ou deterioro.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".




Presencialmente

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo ou nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015.

Por correo

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Prazos

A solicitude de renovación deberá ser presentada de conformidade co artigo 26 da Ordenanza Municipal de Taxis.

Documentación requirida

  • Pago das Taxas por duplicado de permiso municipal
  • Unha fotografía actualizada en cor
    Deberá entregarse sen ningunha marca de grampa
  • Fotocopia compulsada do Carné de Conducir
  • Vida Laboral
    Só para o caso de ser titular dunha licenza ou estar de alta como asalariado.

Oficinas

  • Rexistro Xeral

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

  • Servizo de Transportes

    Concello de Vigo Praza do Rei 1. 36202 Vigo. Teléfono: 986 810 353

    Horario: De 9 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Lexislación relacionada

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información