Consulta do Censo Electoral

Real Decreto 363/2024, de 9 de abril, polo que se convocan eleccións de deputados e deputadas ao Parlamento Europeo, publicado no BOE número 93 de 16 de abril de 2024.

Con motivo da convocatoria das eleccións europeas, que terán lugar o 9 de xuño de 2024, de conformidade co art. 39.2 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, de Réxime Electoral Xeral, o Concello de Vigo manterá un servizo de consulta das listas electorais vixentes no municipio durante o prazo de oito días. A exposición pública do Censo Electoral terá lugar entre os días 22 ao 29 de abril de 2024, período durante o que calquera persoa poderá achegar a reclamación que estime pertinente en relación aos seus datos censuais.

A consulta poderá realizarse:

  1. Por medios informáticos, na sede electrónica do Concello de Vigo, a través do procedemento Consulta do Censo Electoral
  2. No teléfono de consulta: 986 810132 en horario de 9:00 a 13:30 horas.
  3. De forma presencial no Concello de Vigo (Servizo de Estatística) en horario de 9:00 a 13:30 horas.

En calquera dos tres supostos, o Concello informará ós interesados sobre o lugar no que lle corresponde exercer o seu dereito a voto (colexio electoral e o seu enderezo, Distrito, Sección e Mesa).

No caso de que o interesado precise outra información adicional, sobre datos incluídos no ámbito de aplicación da normativa de protección de datos de  carácter persoal, a consulta soamente poderá realizarse de forma presencial no Servizo de Estatística, previa identificación do interesado con DNI, pasaporte ou permiso de conducir orixinais.

As reclamacións ao Censo Electoral poderán achegarse directamente nas delegacións provinciais da Oficina do Censo Electoral correspondente ou a través do Concello, que as remitirá á respectiva Delegación.

A quen está dirixido

Calquera persoa.

Como facelo

Por Internet

Para saber onde ten que votar e comprobar os seus datos pulse no seguinte botón




Presencialmente

De forma presencial no Concello de Vigo (Servizo de Estatística) en horario de 9:00 a 13:30 horas.

Por teléfono

No teléfono de consulta: 986 810 132 en horario de 9:00 a 13:30 horas.

Observacións

No caso de que o interesado precise outra información adicional, sobre datos incluídos no ámbito de aplicación da normativa de protección de datos de carácter persoal, a consulta soamente poderá realizarse de forma presencial no Servizo de Estatística, previa identificación do interesado con DNI, pasaporte ou permiso de conducir orixinais.

As reclamacións ao Censo Electoral poderán achegarse directamente nas delegacións provinciais da Oficina do Censo Electoral correspondente ou a través do Concello, que as remitirá á respectiva Delegación.

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información