Escudo Concello de Vigo

Compulsa de Documentos

A compulsa de documentos é o acto de cotexar unha copia co documento orixinal para determinar a súa exactitude. O obxectivo é evitar aos administrados o ter que desprenderse de documentos que poidan necesitar para outros fins, facilitándolles o cotexo das copias, para que estas teñan os efectos dos orixinais.

A quen está dirixido

Calquera persoa.

Como facelo

Presencialmente

Para compulsar un documento deberá achegar á Oficina de Información do Concello o documento orixinal e fotocopia do mesmo.

O prezo da compulsa está recollido no punto 7 do artigo 5 da Ordenanza reguladora das taxas polos documentos que expidan ou que entenda a administración municipal ou autoridades municipais a instancia de parte.

Observacións

O artigo 35 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, no seu apartado c) establece que os cidadáns teñen dereito a obter copia selada dos documentos que presenten, achegándoa xunto cos orixinais, así como á devolución destes, salvo cando os orixinais deban obrar no procedemento. O que significa que a compulsa de documentos refírese a documentos que han de ter efectos na Administración municipal, polo que o Concello non está obrigado a compulsar documentos que produzan os seus efectos noutras Administracións.

Convén resaltar que diferentes organismos están habilitados para realizar as compulsas, xeralmente de forma gratuíta, dos documentos que deban entregarse nos mesmos (Seguridade Social, Xunta de Galicia, Institutos de ensino, Policia, Facenda, Universidade, Xulgado, Sergas).

Estarán exentos da taxa de compulsa de documentos:

1. Compulsa de documentos necesarios para acceder ao mercado laboral as persoas desempregadas empadroadas en Vigo.

2. As persoas interesadas en procedementos de selección desta Administración Municipal para traballos non incluídos en ofertas de emprego público.

3. Compulsa de documentos que foran solicitados por investigadores, estudantes e organizacións non gobernamentais sen afán de lucro, así como os servizos prestados para prover os interesados de documentación necesaria para ter acceso a prestacións sociais. No caso de investigadores acreditarase o interese, investigación ou estudio a realizar.

Oficinas

  • Oficina de Información

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo
    Teléfono: 986 810 127
    Email: ofi.informacion@vigo.org

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información