Transmisión da Licenza de Taxi por Xubilación ou Incapacidade Laboral do Titular

Por xubilación do titular ben forzosa ou voluntaria, ou por incapacidade laboral declarada polos tribunais ou organismos competentes que lle impidan o exercizo da profesión.

A quen está dirixido

Ao xubilado ou incapacitado laboral titular da licenza.

Os beneficiarios deberán estar en posesión do Permiso municipal de conductor de taxi.

Como facelo

Por Internet

Presentando a solicitude a través da carpeta do cidadá ou nos restantes sitios establecidos na Lei 39/2015, xunto coa documentación requerida.




Presencialmente

Deberá presentar a solicitude, xunto coa documentación requerida, no Rexistro Xeral do Concello.

Documentación requirida

    • Solicitude asinada
      pola persoa transmitente e a adquirente
    • Fotocopia do DNI
      do transmitente e do adquirente.
    • Certificado de non ter débedas con Facenda do Estado, Facenda da Xunta, Seguridade Social e Concello de Vigo
      de transmitente e adquirinte
    • Vida Laboral (do adquirente)
    • Licenza Municipal de Taxi do vehículo adscrito á licenza
    • Documento que acredite a xubilación ou a incapacidade laboral do titular de licenza
    • Documentación do vehículo (Fotocopia)

Observacións

A solicitude de transmisión deberá solicitarse no prazo de seis meses dende que se produza a causa da transmisión. A petición motivada do interesado poderá concedérselle unha prorroga por outros seis meses.

A transmisión realizarase a favor das persoas que reúnan os requisitos recollidos na Ordenanza Municipal.

Oficinas

  • Rexistro Xeral Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

  • Servizo de Transportes Concello de Vigo Praza do Rei 1. 36202 Vigo. Teléfono: 986 810 353

    Horario: De 9 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información