Exención do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para Entidades sen Fins Lucrativos

As entidades que cumpran o establecido o artigo 3 da Lei 49/2002, de 23 de decembro, de Réxime Fiscal das Entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado están exentas do pago do Imposto de Bens Inmobles.

A quen está dirixido

As Entidades comprendidas no artigo 2 da Lei 49/2002:

a. Fundacións.

b. Asociacións declaradas de utilidade pública.

c. Organizacións no gubernamentais de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

d. Delegacións de fundacións estranxeiras inscritas no Rexistro de Fundacións.

e. Federacións Deportivas españolas, as federacións deportivas territoriais de ámbito autonómico integradas naquelas, o Comité Olímpico Español e o Comité Paralímpico Español.

f. Federacións e Asociacións das entidades sen fins lucrativos a que se refiren os parágrafos anteriores.

E que cumpran os requisitos do artigo 3 da Lei 49/2002.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

Presentando a solicitude e a documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello.

Documentación requirida

    • Copia da escritura fundacional e dos estatutos da mesma
    • Copia da memoria
      na que se detalle o cumprimento dos requisitos establecidos no art. 3 da Lei 49/2002, de 23 de decembro, de Réxime Fiscal das Entidades sen fines lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado e a forma en que se cumprirán os mesmos.
    • Copia da declaración da alta no Imposto sobre Actividades Económicas
      da actividade que se realiza no inmoble para o que se solicita a exención, no caso de que se trate dunha actividade suxeita.
    • Impreso de solicitude de exención do IBI para entidades sen fins lucrativos Pode consultar a Referencia Catastral no recibo do Imposto de Bens Inmobles, na oficina virtual do catastro e nos puntos de información catastral do Concello .
    • Xustificante da titularidade do inmoble para o que solicita a exención (Fotocopia)
    • Copia da tarxeta de identificación fiscal da entidade

Oficinas

  • Oficina do I.B.I. Concello de Vigo Administración de Tributos - Departamento de I.B.I. Planta Baixa Praza do Rei 1 36202 Vigo Teléfono: 986 810 116 / 986 810 100 Extensión 1347

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Lexislación relacionada

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información