Escudo Concello de Vigo

Realizar Consulta na Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC)

A través deste trámite pode recibir unha información adecuada sobre os dereitos que lle asisten e as posibilidades de exercicio destes e, en xeral, calquera información relacionada co ámbito de consumo.

Os temas máis tratados son relativos a prestación de servizos ou fabricación (garantías), incumplimiento condicións de venda, prezos, cláusulas abusivas, publicidade, aluguer de vivenda, compra de vivenda, comunidades de propietarios, tinturarías, talleres de reparación de automóbiles, Servizos de Asistencia Ténica (SAT), rebaixas, etc.

A quen está dirixido

Calquera persoa.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

Cubrindo o impreso correspondente de consulta, sendo a exposición de motivos todo o detallada posible.

En caso necesario, deberán achegarse copias de tódolos xustificantes (tikets de compra, facturas, etc.), contratos, folletos de publicidade, etc.

Por correo

Enviarase á dirección da O.M.I.C. o impreso cuberto de consulta, cos seus datos, sendo a exposición de motivos todo o detallada posible.

En caso necesario, deberán achegarse copias de tódolos xustificantes (tikets de compra, facturas, etc.) así como contratos, folletos de publicidade, etc.

Documentación requirida

  • Documentación Relacionada coa Consulta
    En caso necesario, deberán achegarse copias de tódolos xustificantes (tikets de compra, facturas, etc.), contratos, folletos de publicidade, etc.

Observacións

Tamén pode acudir ás Asociacións de Consumidores e a outros Organismos para certos sectores específicos.

Oficinas

  • O.M.I.C.

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1, 2ª Planta.
    Teléfono: 986 810 119
    Fax: 986 810 172

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información