Permiso de Obra Menor (Averias) para Calas (para Empresas con Convenio co Concello de Vigo) - Paso 1 de 3

Estes permisos comprenden a apertura de zanxas, calicatas e calas en terreos de uso público local, inclusive estradas, camiños e demais vías públicas locais, para a instalación e reparación de cañerías, conduccións e outras instalacións, así como calquera remoción de pavimento ou beirarúa na vía pública.

Terán a consideración de obras menores aquelas de conservación, mantemento e arranxo de avarías, sempre que se cumpran as seguintes condicións:

a) Xeométricas:

- No solo: Lonxitude máxima: 6 m

- No subsolo: Ademais, profundidade máxima: 4,5 m

b) Temporais:

O prazo de execución non poderá superar os 5 días hábiles.

En todo caso, a obra menor non poderá pasar dos 20 metros cuadrados.

A quen está dirixido

Só poderán solicitalo aquelas empresas que teñan convenio co Concello de Vigo.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".




Presencialmente

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Por correo

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Documentación requirida

    • Solicitude/Autoliquidación de Permiso de Calas
      Só para o caso de facer a solicitude de xeito presencial.
    • Memoria
      presupostada na que se indicarán as características xeométricas da obra. No caso de obras no subsolo deberá incluírse a profundidade, así mesmo, e no caso de que se pretenda a ocupación temporal do solo durante a obra, un breve resumo sobre o cumprimento do capítulo V da Ordenanza xeral reguladora das obras e as conseguintes ocupacións necesarias para a implantación de servizos na vía pública aprobada pola Corporación Municipal en sesión do 26 de novembro de 2001 e publicada no BOP do 25 de xaneiro de 2002, (no sucesivo, O.X.V.P.).
  • No caso de que as obras comporten, provisionalmente, a ocupación de máis solo con elementos afectos á obra
    • Planos de situación
      folla correspondente do PXOU a escala 1:2000 en formato A3. Deberá incluírse, no seu caso, a superficie adicional á da obra que se pretenda ocupar temporalmente con casetas ou outros elementos afectos a esta, deslindándose claramente ambas as dúas superficies.

Observacións

Durante a tramitación do expediente poderá pedirse ao interesado calquera outra documentación que os servizos técnicos municipais consideren precisa atendendo á natureza e características da obra.

- Toda a documentación técnica deberá estar subscrita por técnico competente.

- Da documentación técnica indicada, poderá solicitárselle ao concello a dispensa de presentar algunha delas, por non ser precisa para a execución das obras por mor da súa natureza.

- Antes de iniciar os traballos para os que se solicita a correspondente licenza, ésta deberá presentarse ante a Comisión Mixta de Seguimento de Obras na Vía Pública, para a súa programación.

Teña en conta que o feito de realizar o pagamento non implica obter o permiso. A aprobación / denegación do permiso comunicaráselle posteriormente unha vez estudiada a súa solicitude.

Fianza:

A fianza responderá dos danos e prexuízos que poida sofrir o dominio público con ocasión ou como consecuencia directa ou indirecta da execución das obras. O seu importe será do 10% do custo de execución da obra, que se entenderá que coincide co presuposto presentado se non se modificase aquél na licenza.

Depositarase nos 15 días seguintes á notificación de concesión da licenza, e en todo caso antes do inicio das obras, en calquera das formas previstas na vixente lexislación, e cancelarase á solicitude do interesado e tralo informe técnico no que se acredite que a execución das obras está finalizada e realizada de conformidade coa licenza e que non existen danos ou prexuízos ós que sexa necesario aplicala, unha vez transcorrido o prazo de garantía.

A través de convenio poderá establecerse a fianza correspondente a tódalas obras que segundo o Plan se prevé executar pola empresa operadora durante o ano, que deberá manterse actualizada en todo momento.

Oficinas

  • Rexistro Xeral Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

  • Departamento de Vías e Obras Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - 2º Andar
    36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 271

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Trámites relacionados

Concello de Vigo (Servizo de Administración Electrónica)

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100

Servizos da Sede Electrónica

Carpeta cidadá

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información