Escudo Concello de Vigo

Permiso de Calas para Conexión aos Servizos de Gas, Eléctricos ou de Telecomunicacións (para Empresas con Convenio co Concello de Vigo) - Paso 1 de 3

Estes permisos comprenden a apertura de zanxas, calicatas e calas en terreos de uso público local, inclusive estradas, camiños e demais vías públicas locais, para a instalación e reparación de cañerías, conduccións e outras instalacións, así como calquera remoción de pavimento ou beirarúa na vía pública.

A quen está dirixido

Só poderán solicitalo aquelas empresas que teñan convenio co Concello de Vigo.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.




Presencialmente

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Por correo

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Documentación requirida

  • Solicitude/Autoliquidación de Permiso de Calas
    Só para o caso de facer a solicitude de xeito presencial.
  • Memoria
    Co contido contemplado no artigo 30 da Ordenanza xeral reguladora das obras e as conseguintes ocupacións necesarias para a implantación de servizos na vía pública aprobada pola Corporación Municipal en sesión do 26 de novembro de 2001 e publicada no BOP do 25 de xaneiro de 2002, (no sucesivo, O.X.V.P.).
  • Planos
    En formatos A4 ou A3 sobre a cartografía municipal na forma prevista no artigo 29.c) da O.X.V.P.
  • Orzamento de execución material
  • Estudo de Seguridade e Saúde
  • No caso de que as obras comporten, provisionalmente, a ocupación de máis solo con elementos afectos á obra
    • Memoria descriptiva
      Dos elementos que se pretenden instalar, a forma de facelo e as normas de seguridade e limpeza que pretende adopta.
    • Planos de situación
      Dos elementos para instalar, tal como se establece no capítulo V da ordenanza.
  • Designación de Facultativo Director das obras e Coordinador de seguridade e saúde (se fora distinto.)
  • Copia de alta no IAE da empresa que se encargará dos traballos
    Se estivese contratada na data da solicitude.
  • Xustificante de autoliquidación e pagamento da taxa por prestación do servizo de concesión de licenza para construcións, obras e instalacións
    Exento no caso de obras menores, segundo se concreta no apartado 11º destas instrucións. Tampouco debe aboar esta taxa Telefónica de España, S.A.U. que o substituirá polo xustificante de ter ingresado o 1,9% dos ingresos brutos obtidos no termo municipal no último trimestre.
  • Autorizacións sectoriais
    Que se precisen legalmente, especialmente a dos titulares do dominio público distinto ao municipal.
    Como excepción ao anterior, será preciso presentar a autorización da Delegación Provincial de Cultura da Consellería de Cultura e Turismo cando as obras se atopen, en todo ou en parte, dentro dunha zona catalogada como de ?cautela arqueolóxica? no vixente plan xeral, por afectar a un elemento arqueolóxico catalogado.
    Neste caso o expediente remitirase ao Servizo de Patrimonio Histórico Municipal que emitirá informe no senso de se a actuación a realizar pode incluírse dentro do proxecto marco aprobado, ou non. De existir proxecto marco continuarase coa tramitación do expediente. En caso contrario o expediente remitirase á Delegación Provincial da Consellería de Cultura e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia. A resolución da consellería seralle notificada ao solicitante da licenza. A concesión da licenza concederase unicamente no caso de que a citada consellería autorice expresamente as obras e cos condicionantes que na resolución se indiquen.

Observacións

- Toda a documentación técnica deberá estar subscrita por técnico competente.

- Da documentación técnica indicada, poderá solicitárselle ao concello a dispensa de presentar algunha delas, por non ser precisa para a execución das obras por mor da súa natureza.

- Antes de iniciar os traballos para os que se solicita a correspondente licenza, ésta deberá presentarse ante a Comisión Mixta de Seguimento de Obras na Vía Pública, para a súa programación.

Teña en conta que o feito de realizar o pagamento non implica obter o permiso. A aprobación / denegación do permiso comunicaráselle posteriormente unha vez estudiada a súa solicitude.

Fianza:

A fianza responderá dos danos e prexuízos que poida sofrir o dominio público con ocasión ou como consecuencia directa ou indirecta da execución das obras. O seu importe será do 10% do custo de execución da obra, que se entenderá que coincide co presuposto presentado se non se modificase aquél na licenza.

Depositarase nos 15 días seguintes á notificación de concesión da licenza, e en todo caso antes do inicio das obras, en calquera das formas previstas na vixente lexislación, e cancelarase á solicitude do interesado e tralo informe técnico no que se acredite que a execución das obras está finalizada e realizada de conformidade coa licenza e que non existen danos ou prexuízos ós que sexa necesario aplicala, unha vez transcorrido o prazo de garantía.

A través de convenio poderá establecerse a fianza correspondente a tódalas obras que segundo o Plan se prevé executar pola empresa operadora durante o ano, que deberá manterse actualizada en todo momento.

Oficinas

  • Rexistro Xeral

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1
    36202 - Vigo

    Horario: De luns a venres de 9:00 a 13:30 horas

  • Departamento de Vías e Obras

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - 2º Andar
    36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 271

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información