Escudo Concello de Vigo

Solicitude / Autoliquidación de Licenza para Obras en Dominio Público. Arranxo de Avarías (Obra menor)

Considéranse obras menores en terreos de dominio público, aquélas de conservación, mantemento e arranxo de avarías, sempre que cumpran as seguintes condicións:

a) Xeométricas:

No solo: Lonxitude máxima: 6 metros.

No subsolo: Ademais, profundidade máxime: 4,5 metros.

b) Temporais: O prazo de execución non poderá superar os 5 días hábiles.

En todo caso, a obra menor, non poderá sobrepasar os 20 metros cadrados.

A quen está dirixido

Calquera persoa ou entidade.

Como facelo

Por Internet

Prema no botón Tramitar por Internet e siga os pasos que se lle indican.

Se o que desexa é facer unha simulación da cota a pagar, pulse no botón "Acceso Simulación" unha vez pulsado "Tramitar por Internet".




Presencialmente

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago, presente o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, no Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Por correo

Debe cubrir o formulario web, nesta páxina, e presentar a solicitude/autoliquidación resultante nas entidades bancarias colaboradoras para facer o pagamento da taxa.

Unha vez feito o pago, envíe o impreso correspondente ao Concello, xunto coa documentación necesaria, ao Rexistro Xeral do Concello de Vigo.

Documentación requirida

  • Memoria
    Presupostada na que se indicarán as características xeométricas da obra. No caso de obras no subsolo deberá incluírse a profundidade, así mesmo, e no caso de que se pretenda a ocupación temporal do solo durante a obra, un breve resumo sobre o cumprimento do Capítulo V da O.X.V.P.
  • Plano de situación
    Folla correspondente do P.X.O.U a escala 1:2000 en formato A3. (Deberá incluirse, no seu caso, a superficie adicional á da obra, que se pretenda ocupar temporalmente con casetas ou outros elementos afectos á mesma, deslindándose claramente ámbalas dúas superficies).
  • Autorizacións sectoriais
    O solicitante deberá presentar as autorizacións sectoriais que se precisen legalmente, especialmente a dos titulares do dominio público distinto ao municipal.

Oficinas

  • Departamento de Vías e Obras

    Concello de Vigo
    Praza do Rei 1 - 2º Andar
    36202 Vigo
    Teléfono: 986 810 271

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información