Escudo Concello de Vigo

CP-002 Comunicación Previa de Obras de Adaptación de Locais para Actividades

Mediante este trámite as persoas interesadas poñen en coñecemento da administración pública competente os seus datos de identificación e demais requisitos esixibles para o exercicio dun dereito ou inicio dunha actividade, consonte co establecido no artigo 70.1 da Lei 30/1992, do 23 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Baixo a súa responsabilidade, poderá iniciar a actividade desde a data indicada na solicitude.

Obras suxeitas a comunicación previa: Obras que acondicionan un local para o exercicio dunha actividade mediante a introdución de novas instalacións, a modernización das existentes ou a redistribución do seu espazo interior, sen intervir sobre as características morfolóxicas do edificio, as instalacións xerais ou estrutura portante, nin alterar a envolvente do edificio, excepto:

a) Locais en edificios incluídos no Catálogo de Edificios, Bens e Elementos Protexidos do Plan Xeral vixente ou calquera outro catálogo.

b) Obras que de conformidade co artigo 194.2 da LOUGA estean suxeitas a licenza municipal previa.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica que vaia a realizar unha obra de adaptación de locais para actividades.

Relación de actividades suxeitas a comunicación previa.

Como facelo

Ao necesitar obras de adaptación no local (excepto no ámbito da ordenanza 1 "Cascos históricos" e da ordenanza 2 "Conservación e protección ambiental" do vixente plan xeral i en edificios catalogados) na mesma comunicación achegarase copia do proxecto de obras e indicarase a data de inicio das obras. Neste caso, poderá exercer a actividade desde a finalización das obras, que acreditará co correspondente certificado final de obra, o cal deberá ter, xunto coa copia do impreso de comunicación no local á disposición dos servizos de inspección municipais.

No ámbito da ordenanza 1 "Cascos históricos" e da ordenanza 2 "Conservación e protección ambiental" do vixente plan xeral e en edificios catalogados no caso de necesitar obras de adaptación no local deberá solicitar licenza previa de obras de adaptación. Unha vez rematada a obra comunicarase o inicio da actividade achegando o correspondente Certificado final de obra.

Por Internet

Pode realizar o pago da autoliquidación e enviar a documentación requirida de forma telemática. Deste xeito a solicitude resultante e a documentación requirida quedará rexistrada de forma automática no Rexistro da Xerencia de Urbanismo sen que teña que realizar ningún trámite de forma presencial.

Obrigatoria de conformidade co artigo 14.2 da lei Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas : Persoas xurídicas, Entidades sen personalidade xurídica. Profesionais de colexiación obrigatoria, no exercicio de súa actividade profesional e quen represente a obrigados a relacionarse de forma electrónica




Presencialmente

Deberá achegar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, xunto co xustificante do pago da taxa correspondente así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas
      1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación.
      2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • Documento acreditativo da dispoñibilidade do local
    Contrato de arrendamento ou escritura de compra, etc.
  • Proxecto técnico das obras de adaptación que se van a realizar
    Asinado por técnico competente, incluíndo planos de situación e deslinde, plantas alzados e seccións do local e xustificación do cumprimento das Esixencias Básicas do Código Técnico da Edificación. O proxecto deberá xustificar que tras as obras o local será apto para o novo uso, conforme á normativa aplicable en función do mesmo e con especial referencia ao cumprimento das condicións de estabilidade, illamento térmico e acústico, seguridade contra incendios e accesibilidade precisas para o uso pretendido.
  • Proxecto técnico da actividade e das instalacións
    (ou memoria no caso de instalacións de pequena entidade) redactado por técnico/a competente.
  • Autorizacións e informes sectoriais que sexan preceptivos
    Xunto coa manifestación expresa de que conta con todos os necesarios para o inicio da actividade.
  • Oficio de dirección das obras
  • Reportaxe fotográfica do local
    Subscrita pola persoa solicitante e polo técnico redactor do proxecto.
  • Declaración responsable (ou certificado colexial) de técnico competente
    No que figuren os seus datos persoais e profesionais de xeito que permita a súa identificación e na que se acredite que non está inhabilitado ou incurso en causa de incompatibilidade.
  • No caso de edificacións situadas nos ámbitos das Ordenanzas 1 e 2 do PXOM vixente
    • Memoria xustificativa
      Do cumprimento das condicións estéticas.
  • No caso de edificacións en situación de fóra de ordenación de carácter temporal
    • Renuncia do propietario do inmoble ao incremento do valor en caso de expropiación
      Para o caso de edificacións en situación de fóra de ordenación de carácter temporal. Considerase, de conformidade co artigo 2.7.20 das Normas urbanísticas do plan xeral, fóra de ordenación de carácter temporal, os edificios ou instalacións existentes que se atopen dentro de ámbitos clasificados como "Solo urbano non consolidado", ou "Solo urbanizable", así como os situados en zonas de reserva para "Sistemas xerais viarios", en tanto en canto non se aproben os planeamentos de desenvolvemento que procedan, ou se redacten e aproben os proxectos de obras de infraestruturas correspondentes. Nun ou outro dos supostos serán os planeamentos ou os proxectos os que ratifiquen ou rectifiquen a condición de fóra de ordenación.
  • Se a actividade se somete ao procedemento previo de incidencia ambiental
    • Declaración de incidencia ambiental
    • Proxecto da obra ou actividade
      (copia). Asinada por técnico/a competente.
    • Certificado de que o proxecto cumpre coa normativa técnica de aplicación
      Certificado do técnico/a ou dos técnicos/as que autoricen o proxecto.

Observacións

Obras de adaptación: son aquelas obras que acondicionan un local para o exercicio dunha actividade mediante a introdución de novas instalacións, a modernización das existentes ou a redistribución do seu espazo interior, sen intervir sobre as características morfolóxicas do edificio, as instalacións xerais ou estrutura portante, nin alterar a envolvente do edificio.

Contido dos proxectos técnicos de obras de acondicionamento e actividade: Ordenanza municipal reguladora da tramitación de licenzas urbanísticas e outras formas de intervención administrativa, anexo 5.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n
    Teléfono: 986 810 349

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Normativa Municipal

Trámites relacionados

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información