Escudo Concello de Vigo

OB-009S Licenza de Obras para Demolición de Edificaciones (Procedemento Simplificado)

Mediante este trámite poderá solicitar licenza polo procedemento simplificado para as obras de demolición de edificacións.

De conformidade co artigo 2.6.3 das Normas urbanísticas do plan xeral, son obras de demolición ou derruba aquelas que se realizan para facer desaparecer un edificio ou parte deste.

A quen está dirixido

Calquera persoa física ou xurídica.

Como facelo

Presencialmente

Deberá entregar o impreso de solicitude, debidamente cumprimentado, así como a documentación requirida no rexistro da xerencia de urbanismo.

Documentación requirida

  • Datos identificativos da persoa solicitante
    • Persoas físicas
      DNI (ou documento que faga as súas veces) da solicitante e da representante. As persoas que comparezan ou asinen en representación doutra, acompañarán ademais un documento que acredite debidamente devandita representación (autorización expresa, poder notarial ou declaración responsable).
    • Persoas xurídicas
      1. DNI (ou documento que faga as súas veces) da persoa representante e documentación acreditativa da representación.
      2. Escritura ou documento de constitución e/ou Estatutos ou o acto fundacional, nos que consten as normas polas que se regula a súa actividade, debidamente inscritos, no seu caso, no Rexistro público que corresponda, segundo o tipo de persoa xurídica de que se trate.
  • Proxecto técnico completo
    Redactado por técnico competente (incluído estudio de seguridade e saúde), visado polo correspondente colexio profesional.
  • Oficio de dirección das obras
    Dirección da obra e dirección da execución da obra.
  • Reportaxe fotográfica
  • Copia da resolución de declaración de ruína (No seu caso.)
  • Autorizacións sectoriais previas preceptivas

Observacións

A presentación da solicitude, coa documentación completa, de licenzas suxeitas ao procedemento simplificado, permite á persoa titular da mesma o inicio da actividade ou das obras solicitadas transcorrido o prazo dun mes sen recibir notificación en sentido contrario por parte da Xerencia de Urbanismo, de acordo co disposto no artigo 24 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas.

Nos casos nos que sexa necesaria a emendar deficiencias na solicitude dunha actuación sometida ao procedemento simplificado, este feito suporá o cambio ao procedemento ordinario, non operando os efectos do silencio administrativo unha vez transcorrido o prazo dun mes. Neste caso non se poderán realizar as obras solicitadas, en tanto non se resolva a preceptiva licenza municipal.

Non se tramitarán polo procedemento simplificado licenzas de obras no ámbito do PEPRI CASCO VELLO, do PEPRI DE BOUZAS e do Plan Especial de Edificios a Conservar (PEEC) , nin en edificios catalogados e os seus ámbitos de protección.

Oficinas

  • Xerencia Municipal de Urbanismo

    Praza do Rei s/n
    Teléfono: 986 810 349

    Horario: De 9:00 a 13:30 horas.

Concello de Vigo

Servizo de Administración Electrónica

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100

Ministerio AAPP

Para ter acceso a este apartado necesita identificarse mediante usuario e clave de Carpeta Cidadá ou mediante Certificado electrónico (como o DNI electrónico).

Máis información